Amosando 603 resultados

Descrición arquivística
Concello de Marín
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

240 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

OMIC

Esta 2ª división de sección, OMIC, contén unha única serie documental:

3.3.4.1.- Documentación da OMIC
A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é un departamento municipal de recente creación existente nalgúns concellos -posiblemente pola Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios de 1984-, encamiñado a orientar e aconsellar ós habitantes en materia de consumo para defender os seus dereitos e intereses tanto económicos como sanitarios na materia, incluso por vía legal se fora preciso.

Ordenanzas e regulamentos

Expedientes que recollen un conxunto de actuacións que se seguen para a aprobación e entrada en vigor dunha ordenanza ou regulamento municipal.

Ordenanzas fiscais

Norma xurídica xeral, obrigatoria e permanente, de carácter subordinado á Lei e a outras normas de rango superior, ditadas polas Entidades Locais, pero no ámbito puramente fiscal. (1911)

Padroádego cultural

Documentación deste organismo creado nalgún concello de gran tamaño que se encarga da actividade cultural municipal

Padrón municipal de habitantes

Rexistro coa relación dos habitantes do termo, con expresión das súas respectivas calidades. Inclúe procesos continuados de rectificacións, altas, baixas e cambios de cualificación veciñal que se producen anualmente no padrón.

É un rexistro administrativo, actualízase permanentemente, elabórano os concellos. O feito da inscrición é obrigatorio e está afectado pola lexislación sobre protección de datos de carácter persoal en canto a o seu uso e dispoñibilidade.

O censo de poboación é unha estatística, resultado dunha operación de reconto, cuxa finalidade é a de proporcionar información sobre o estado da poboación, isto é. Sobre o seu tamaño e as súas características, recollendo datos tanto demográficos como económicos, sociais, etc. O censo debe de contar con todos os individuos dun territorio (pais, comunidade autónoma, etc.), nun momento determinado; debe realizarse, ademais, cunha periodicidade definida e previamente establecida e os resultados que se obteñan, deben ser de dominio público. Elabórao o Instituto Nacional de Estatística (INE) cada dez anos, desde 1981 en todos os anos terminados en 1. A súa cumprimentación é voluntaria. Lexislación sobre función estatística.

Padróns de beneficencia

Rexistro noutros momentos tamén denominado como padrón de pobres, como padrón ou relación de veciños elaborado para facilitar a asistencia médico - farmacéutica gratuíta ás familias pobres residentes no termo municipal. Xera tamén documentación relacionada cos súa actualización e uso

PATRIMONIO

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-2-3
  • 1ª División de Sección
  • 1950-1951
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

Esta 1ª división de sección contén documentos da realidade patrimonial do concello e da súa xestión e modificacións no decurso do tempo. Recolle os rexistros e inventarios das propiedades municipais e as diferentes fórmulas que derivan nas altas e baixas de bens, propiedade municipal: compra, alleamento e cesión, permuta, doazón, desafectación, reversións, expropiación. Tamén se conservan documentos relacionados cos datos xeográficos e os deslindes das propiedades municipais.

2.3.1.- Inventario de bens
Inventario de tódolos bens municipais, obrigatorio e renovable cada certo tempo, que recolle os datos da totalidade dos bens municipais, coa descrición dos mesmos, situación patrimonial, datos de interese e a súa valoración económica. Ten unha extraordinaria importancia en relación coa xustificación da propiedade municipal e a legalidade da mesma, podendo a partires desta documentación definir a evolución ao longo dos anos.

2.3.2.- Expedientes de arrendamentos
Expediente de contrato polo que se cede ou adquire por un custo a posibilidade de goce ou aproveitamento temporal de cousas, obras ou servizos.

2.3.3.- Expedientes de alleamentos e cesións
Expediente que se tramita para que o concello ceda ou reciba en cesión gratuitamente bens integrantes do seu patrimonio a entidades ou institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, sempre que os seus fins redunden en beneficio dos habitantes do territorio municipal.

Os expedientes de alleamento son aqueles polos que o concello transmite ou traspasa a propiedade dun ben patrimonial mediante poxa, permuta ou venta directa, destacando os terrenos sobrantes de vía pública, logo da realización de obras de urbanización, modificación de viais ou pavimentación.

2.3.4.- Expedientes de desafectacións
Expediente de declaración formal ou tacitamente que un ben de dominio público queda desvinculado de uso o servizo para o que fora cedido no seu día. Son habituais no casa das antigas escolas, edificios das Cámaras Agrarias locais e outros coa finalidade de poder darlles novas finalidades.

2.3.5.- Expedientes de doazóns
Expediente mediante o que o concello incrementa o seu patrimonio a través dunha doazón libre ou suxeita a condición.

2.3.6.- Expedientes de compras
Expediente que se tramita para proceder á compra de bens polo concello, sempre que estes pasen a formar parte do inventario de bens municipais, diferenciándose das compras de bens e materias non inventariables, que se asignan a serie de expedientes de contratación.

2.3.7.- Expedientes de expropiacións
Expediente de privación a unha persoa da titularidade dun ben ou dun dereito, dándolle a cambio unha indemnización. Efectúase por motivos de utilidade pública o interese social previstos nas leis. Moitas veces a documentación custodiada forma parte dun expediente iniciado por outra administración para unha obra que afecta a máis concellos.
Inclúe documentos sobre a obra a realizar e sobre a xustificación da expropiación e sobre a identificación dos bens afectados e os seus propietarios.

2.3.8.- Expedientes de permutas
Expediente que se tramita para cambiar un ben por outro transferíndose o dominio dos mesmos, de forma gratuíta, a non ser que sexa necesario para igualar o valor do permutado. Normalmente inclúen documentos sobre a titularidade dos respectivos bens e das súas valoracións e o documento da modificación oportuna no Rexistro da Propiedade.

2.3.9.- Expedientes de reversións
Expediente de restitución de algo ao estado que tiña revertendo ao propietario anterior ou a outra situación xurídica anterior no caso de non cumprirse as condicións para as que fora concibido.

2.3.10.- Escrituras de propiedade
Documentos de particulares, xurídicos e notariais, xustificantes da propiedade de bens mobles ou inmobles, presentados no concello para diferentes xestións e que aparecen individualizados.

2.3.11.- Expedientes de deslindes
Expediente no que se sinalan e distinguen os termos dun lugar, parroquia, concello ou propiedade. Teñen especial interese porque delimitan o territorio das parroquias e dos concellos, fonte de moitos litixios, aportando os documentos oficiais e a planimetría dos mesmos en moitos casos, sendo de utilidade para outros concellos, administracións e particulares. A maior parte da información procede do Instituto Xeográfico Nacional e dos organismos oficiais implicados na ordenación do territorio.

Concello de Marín

PERSOAL

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-2-4
  • 1ª División de Sección
  • 1925-1956
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

A documentación que recolle esta 1ª división de sección contempla todo o relativo ao persoal funcionario e laboral, a súa disciplina e control, á seguridade social, clases pasivas e asuntos das mutualidades, á selección de persoal e ás relacións laborais e actividade sindical.

Esta documentación é un elemento esencial para coñecer o funcionamento da administración e ten un especial interese para a defensa de dereitos e intereses dos traballadores, xa que deixan constancia dos servizos prestados e da súa relación coa administración ao longo da súa vida profesional.

Concello de Marín

Resultados 551 a 560 de 603