Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Xunta Municipal de Asociados

A Xunta Municipal de Asociados é un órgano de notables competencias e duración curta; os seus antecedentes remóntanse a 1856, nunha lei de breve duración efectiva, na que se establecen nos concellos una comisión de presupostos municipais para a elaboración dos mesmo, presidida polo Alcalde e da que forma parte o secretario do concello. Este órgano está formado polos concelleiros e por un número dobre de veciños asociados electores. A súas sesión serian públicas.

Será a lei municipal de 1870 a que lle da o respaldo definitivo establecendo a súa creación en tódolos concello, formada por concelleiros e veciños asociados igual ao triplo do número de concelleiros (en 1877 pasará a ser igual ao de concelleiros); os veciños deberían ser contribuíntes, eran elixidos por sorteo e desempeñaban o cargo un ano económico. Encárganse da revisión e censura das contas

Desaparece co Estatuto Municipal de 1924, que iguala a organización existente nas Deputacións Provinciais á totalidade dos concellos; xorde entón a Comisión Municipal Permanente.

Documentalmente consérvanse os libros de actas das sesións celebradas ou os expedientes destas sesións, ou, nalgún caso as actas soltas das mesmas.

Xunta Local de Sanidade

Órgano colexiado existente en tódolos concellos, presidido polo alcalde e formado por concelleiros e persoal sanitario que presta servizo no territorio municipal, encargado de xestionar e definir as actuacións en materia de sanidade. Documentalmente consérvase alo menos o Libro de actas de sesións da Xunta Local de Sanidade e, as veces, expedientes de sesións da propia Xunta Local de Sanidade con documentos tratados en cada sesión.

Documentación da Seguridade Social

O sistema de Seguridade Social configúrase a partir da Lei de Bases de 1963. Ten antecedentes dende 1900 coa Lei Dato, no ano 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión. Afecta ao persoal laboral e dende a supresión da MUNPAL e diversa medida a totalidade do persoal municipal, pasando a xestionar a asistencia sanitaria e as xubilacións e pensións.

Lonxas municipais

Documentación específica relacionada co funcionamento das lonxas municipais.

Policía municipal. Orde pública

Agrupación de series relacionadas coas actuacións municipais en materia de orde público, entre elas o funcionamento e actuacións da policía local.
A policía local ten como misión protexer o libre exercicio dos dereitos das persoas e garantir o normal desenvolvemento da convivencia, a seguridade cidadá e a seguridade vial

Ordenanzas e regulamentos

Expedientes que recollen un conxunto de actuacións que se seguen para a aprobación e entrada en vigor dunha ordenanza ou regulamento municipal.

Expedientes de beneficencia

Agrupación de series elaboradas a partires do desenvolmento de actuacións benéficas e de asistencia aos desfavorecidos, nun concepto que evolucionou coa nova situación política ao de asistencia social nos inicios dos anos oitenta do século XX. Recollen toda a documentación sobre axudas, reparto de alimentos, campañas de Nadal, medicamentos gratuítos e outros moitos posibles

Inventario de bens

Inventario de tódolos bens municipais, obrigatorio e renovable cada certo tempo, que recolle os datos da totalidade dos bens municipais, coa descrición dos mesmos, situación patrimonial, datos de interese e a súa valoración económica. Ten unha extraordinaria importancia en relación coa xustificación da propiedade municipal e a legalidade da mesma, podendo a partires desta documentación definir a evolución ao longo dos anos.

Resultados 1 a 10 de 247