Amosando 4 resultados

Descrición arquivística
Sección
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

GOBERNO

En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños.

O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores.

A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual.

Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais.

Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños.

Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).

Concello de Marín

ADMINISTRACIÓN

Esta sección contén documentos resultado do funcionamento administrativo da entidade local: secretaria, rexistro, control do persoal e do patrimonio, da contratación, do seu arquivo e dos asuntos xudiciais e xurídicos.

Concello de Marín

SERVIZOS

Na 1ª División de sección Obras e Urbanismo atopase a documentación relativa á organización do espazo urbano dos concellos. Os documentos relativos á planificación do termo municipal, cos seus diferentes plans e proxectos urbanísticos. As licenzas de obras de nova planta, as modificacións en obras xa existentes, os derrubos, as segregacións de parcelas e as alineacións, con tódolos documentos relacionados coa obtención das licenzas para executar estas obras, os acordos municipais e os informes técnicos así como as titularidades. Ademais aqueles documentos relativos ás licenzas para exercer e instalar as diferentes actividades industriais e os seus establecementos.