Amosando 24 resultados

Descrición arquivística
2ª División de Sección
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

PRESUPOSTOS ORDINARIOS

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-1-2
  • 2ª División de Sección
  • 1882-1985
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

A obriga de elaborar un presuposto ordinario por parte dos concellos aparece co Real Decreto de 23 de xullo de 1835. Así se mantén nas distintas leis municipais de 1845,1856,1868,1870,1877, Estatuto de 1924, Lei de 1945, 1985 e Lei 39/88 reguladora das facendas locais. Todas elas regulan como deben ser as características do presuposto e a súa normalización e obrigatoriedade para todos os concellos.

Coa Lei 7/85 de Réxime Local e o Texto Refundido aprobado por R.D. 781/86 establécese un presuposto único denominado “presuposto xeral”, desaparecendo definitivamente os extraordinarios, adicionais ou de investimentos.

4.1.2.1.- Expedientes de financiamento. Créditos

Documentación relacionada coa tramitación de financiamento para executar obras ou servizos polos concellos ante entidades bancarias (Bancos e Caixas) ou ante o Banco de Crédito Local, creado en 1924, ou a Caixa de Anticipos, dependente da Deputación Provincial.
As Entidades Locais poderán concertar operacións de crédito con toda clase de entidades de crédito para o financiamento dos seus investimentos. Inclúense nesta serie a documentación derivada da tramitación da solicitude, do proceso de formalización e da súa devolución de conformidade cos prazos previstos.

4.1.2.2.- Expediente xeral do presuposto ordinario

Agrupación de series que recolle o conxunto de documentos que reflicten os ingresos e gastos correntes do concello que se prevén para cada exercicio económico, segundo unha clasificación económico funcional.

A tipoloxía resultante ten unha evolución ao longo do tempo, marcada pola normalización dos procedementos en todas as entidades locais. O presuposto ordinario aparece regulado no Decreto de 3 de febreiro de 1823, que obrigaba á súa formación para o ano seguinte no mes de outubro de cada ano. Logo será a Lei de 1835 que obrigue a súa remisión ao Gobernador Civil para a súa aprobación e efecto, coa súa clasificación en gastos e ingresos, que se mantén no ano 1845, no Estatuto de 1924, na Lei de 1945, no Regulamento de Facendas Locais e a Instrución de Contabilidade de 1952 e, finalmente, na Lei 39/1988 e o decreto que a desenvolve 500/1990, que supuxo unha importante modificación contable a partir de 1992. De todas elas dedúcense os tipos documentais resultantes, libros e rexistros e documentos contables. Os máis habituais son os seguintes:

Conta xeral do presuposto: formada polos documentos redactados para o coñecemento, exame e fiscalización da xestión económica dos concellos; neles reflíctese con detalle as incidencias da execución do presuposto. Conta documentalmente con capítulos de ingresos, capítulos de gastos, artigos de ingresos, artigos de gastos e liquidación do presuposto; un exemplar do presuposto refundido; as relacións de mandados de pagamento e de ingreso; a relación de debedores; certificacións das modificacións de créditos efectuadas e acta de arqueo a 31 de decembro.

Conta xeral do patrimonio: documento contable cuxo obxecto e presentar o estado dos bens, dereitos e capitais, así como a relación de empréstitos e gravames, no curso dun exercicio económico. É redactada polo interventor e aprobada polo Pleno e enviada ás Delegacións de Facenda.

Conta de caudais (1924-1991), chamadas tamén de tesouraría (desde 1986), teñen o seu antecedente nas contas anuais de caudais (1845-1924) e estas, á súa vez, na conta de propios e arbitrios ou de cargo e data (1764-1845). Ten carácter trimestral e reflicten as operacións de ingresos e gastos de cada capítulo do presuposto.

Conta de valores independentes e auxiliares do presuposto (VIAP): a partir da Instrución de Contabilidade de 1952.

Liquidación do presuposto: expresión cifrada dos gastos e ingresos habidos no exercicio económico. É un documento obrigatorio, redactado polo interventor e aprobada polo Pleno

Expediente de modificación de créditos: expediente formado para acomodar os créditos aos gastos reais, cando estes non foran previstos inicialmente, cambiando os fondos de partidas orzamentarias, habilitando crédito onde faga falta desde outro lugar no que sobre ou se rexeita para un novo fin.

Mandados de pagamento e de ingreso: antes cargaremes e libranzas, a partir de 1992, ás veces, documentos contables. Son un conxunto de documentos, en base a un modelo, no que se rexistran as entradas e saídas de fondos consignados no presuposto. Teñen un encabezamento ou texto e a sinatura do pagador ou ingresador. Moitas veces levan anexo os xustificantes do mesmo, ben facturas, contratos, escrituras…etc, supondo todo iso un elevado volume documental

Libro maior, que estivo en vigor desde 1886 e 1952.

Libro de contas correntes para ingresos, en vigor entre 1924 e1952.

Libro xeral de gastos que xorde coa Instrución de Contabilidade de 1952, destinado a consignar os gastos previstos, anotándose nel as operacións de recoñecemento e liquidación de obrigas, alteracións que experimenten e pagamento das mesmas, para deducir o importe pendente de pagamento ao fin de cada mes. A estrutura inclúe a data, a explicación do asento, unha columna “cargo” subdividida en pagado, baixa, xustificado e total; outra columna ”data” coas cantidades recoñecidas , liquidadas ou contraídas, e outras co saldo e crédito dispoñible e as observacións.

Libro xeral de rendas e exaccións: xorde coa Instrución de Contabilidade de 1952, destinado a anotar os ingresos que se reciben no concello en concepto de presuposto, alteracións e os saldos pendentes de cobro ao fin de cada mes. A estrutura do libro recolle a data do asento, a explicación da anotación, un recadro para cargo e data e o saldo

Libro diario de intervención (1845-1924), que pasou a denominarse “Libro diario de Operacións”.

Libro diario de intervención de gastos, que aparece no Regulamento de Facendas Locais de 1924, substituíndo ao libro borrador de pagamentos, 1886-1924, destinado a rexistrar por orde cronolóxica os mandados de pagamento cursados. A estrutura inclúe o numero de asento, número de orde de Caixa, número de expedición do mandado, capítulo e concepto de presuposto ao que se aplica, explicación do gasto e resultas do gasto.

Libro diario de intervención de ingresos (aparece no Regulamento de Facendas Locais de 1924, substituíndo ao libro borrador de ingresos, 1886-1924), destinado a rexistrar por orde cronolóxica os mandados de ingreso cursados. A estrutura inclúe o numero de asento, número de orde de Caixa, número de expedición do mandado, capítulo e concepto de presuposto a que aplica, explicación do ingreso e resultas do ingreso.

Libro de valores independentes e auxiliares do presuposto (VIAP). Libro destinado a consignar os valores de créditos a favor dos concellos, inscricións e títulos de débeda pública, recibos a cobrar, retencións, fianzas e depósitos en xeral. A estrutura do libro recolle a data do asento, a explicación do mesmo, un recadro para entrada e saída, as existencias e as observacións. Circunscríbese ao período comprendido entre 1952 e 1990.

Libro rexistro de mandados de pagamento e ingreso, específico para anotar estes documentos contables cronoloxicamente.

A partir de 1990 os libros de contabilidade son (Orde de 17 de xullo de 1990 pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a administración local, BOE 23-7-1990):

Libro diario xeral de operacións, existente entre 1924 e 2006 onde se consigna, a principios de ano, os resultados do exercicio anterior, comezando polo capital activo e pasivo que se deduza do inventario, as obrigas e créditos a pagar, os créditos a cobrar e as existencias de metálico e valores así como os asentos para a apertura de contas aos capítulos ou conceptos xerais dos presupostos ordinarios e extraordinarios aprobados polas corporacións

A partir de 1992, a contabilidade empeza a facerse de xeito informático, imprimíndose os rexistros e documentos contables resultantes durante uns anos para a súa validación e conservación, costume que se foi perdendo progresivamente. Os novos documentos serían, entre outros:

Diario de operacións do presuposto de gastos.
Maior de conceptos do presuposto de gastos.
Maior de conceptos do presuposto de ingresos.
Maior de conceptos non orzamentarios.
Rexistros de mandados de pagamento e de ingreso.
Auxiliares de conta corrente.
Rexistro xeral de tesouraría (ingresos e pagamentos)

4.1.2.3.- Estatísticas presupostarias

Modelo estatístico remitido para información e control orzamentario dos concellos a administración central, recollendo a información básica das distintas partidas do presuposto, tanto de ingresos como de gastos.

Tamén poden aparecer, en períodos temporais concretos, documentos específicos do control e xestión orzamentaria dun organismo autónomo ou entidade municipal ou con participación municipal, que xeran series documentais propias:

4.1.2.4.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego Municipal Monte Santa Trega

Documentación orzamentaria e contable específica do Padroádego Municipal Monte Santa Trega

4.1.2.5.- Expediente xeral do presuposto da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais

Documentación orzamentaria e contable específica da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais

4.1.2.6.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego de Turismo

Documentación orzamentaria e contable específica do Padroádego de Turismo

RECADACIÓN

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-3-2
  • 2ª División de Sección
  • 1900-1971
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

A xestión e a recadación dos recursos, tanto de tipo patrimonial (bens de propios) como de tipo fiscal foi unha das actividades permanentes dos concellos desde os seus inicios.

4.3.2.1.- Contas de recadación
Conxunto de documentos contables de carácter auxiliar xustificativos da xestión recadatoria dun período determinado de tempo.

En base a elo é habitual atopar expedientes sobre esta función e as persoas que se ocupan desta función (nomeamentos, expedientes sancionadores…), relacións de impagados e debedores, contas presentadas polo tesoureiros, reclamacións contra sancións ou cobro de impostos…etc

4.3.2.2.- Libro de recadación executiva e voluntaria

OBRAS MUNICIPAIS

Os expedientes de obras municipais encadran aquela documentación referente á función dos concellos como promotores de obras públicas que redunden en ben da comunidade. Dado o carácter de diversidade que caracteriza a estas obras temos un conxunto máis ou menos amplo de series que engloban as diversas actuacións realizadas pola administración, normalmente con aportación doutras administracións, desenvolvendo obras municipais de conservacións, de edificación, de dotación de equipamentos ou de urbanización. Optouse pola opción máis funcional e sinxela sería dividir as obras municipais en función do tipo de obra na cal se proxecta, resultando as seguintes series:

3.1.3.1.- Expedientes xerais de obras municipais

3.1.3.2.- Expedientes de subvencións
As entidades locais poderán percibir subvencións de toda índole con destino as súas obras e servizos

3.1.3.3.- Prestación persoal
Documentación tramitados para a realización de obras públicas por tal procedemento, consistente na aportación de traballo obrigada dos veciños nas obras municipais que lles incumben, podendo redimirse con pagamentos pecuniarios.

3.1.3.4.- Expedientes de obras na casa do concello
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento na casa do concello.

3.1.3.5.- Expedientes de obras en edificios municipais
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en edificios municipais.

3.1.3.6.- Apertura e pavimentación de rúas, camiños e prazas
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento na casa do concello.

3.1.3.7.- Expedientes de obras no mercado
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento no mercado.

3.1.3.8.- Expedientes de obras no matadoiro
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento no matadoiro.

3.1.3.9.- Expedientes de obras no cemiterio
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento no cemiterio.

3.1.3.10.- Expedientes de obras de traída de augas
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento na rede de traída de augas.

3.1.3.11.- Expedientes de obras na rede de sumidoiros
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento na rede de sumidoiros.

3.1.3.12.- Expedientes de obras de iluminación pública
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento na casa do concello.

3.1.3.13.- Expedientes de obras en instalacións deportivas
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en instalacións deportivas.

3.1.3.14.- Expedientes de obras en parques e xardíns
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en parques e xardíns.

3.1.3.15.- Expedientes de obras en centros escolares
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en centros escolares.

3.1.3.16.- Expedientes de obras en fontes e lavadoiros
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento en fontes e lavadoiros.

3.1.3.17.- Expedientes de obras na casa de cultura e biblioteca
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento nas casas de cultura e bibliotecas do concello.

3.1.3.18.- Expedientes de obras en centros de saúde
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento no centro de saúde.

3.1.3.19.- Expedientes doutras obras
Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento de diversas obras no concello.

3.1.3.20.- Expedientes de obras na Autoestrada do Atlántico
Expedientes de obras de relacionadas coa construción da autoestrada do Atlántico.

3.1.3.21.- Expedientes de obras en canteiras
Expedientes de obras para instalación de canteiras.

3.1.3.22.- Expedientes de aprobación de proxectos

3.1.3.23.- Documentación de portos, costas e praias
Expedientes de obras de en portos, costas e praias.

PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-1-3
  • 2ª División de Sección
  • 1924-1982
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

Foron regulados por primeira vez no ano 1835 e desapareceron coa aprobación do Real Decreto 3.183/1981, de 29 de decembro. Non estaban sometidos ao principio de anualidade, nin de unicidade, e a súa elaboración non era obrigatoria ao redactarse para fins concretos (imprevistos, obras novas de consideración, etc.).

Créanse para dispor de fondos para obras novas ou finalización e melloras en obras xa executadas, para imprevistos, para obras moi importantes ou para executar sentenzas de tribunais.

4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario
É o conxunto de documentos que reflicten os gastos e ingresos da Corporación Municipal non previstos no presuposto ordinario (contas, libros de contabilidade, mandados de pagamento e ingreso).

CONTAS BANCARIAS

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-3-3
  • 2ª División de Sección
  • 1942-1983
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

4.3.3.1.- Contas correntes
Inclúe as facturas, albarás, xustificantes bancarios e recibos de movementos de contas municipais.

4.3.3.2.- Libro de contas correntes
Rexistro dos movementos de contas municipais.

4.3.3.3.- Libro rexistro de facturas
Rexistro de facturas.

4.3.3.4.- Libro de descontos

CLASES PASIVAS/S.S./MUTUALIDADES

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-2-4-3
  • 2ª División de Sección
  • 1925-1944
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

Os expedientes desta división de sección derivan co carácter mutualista dos concellos respecto do seu persoal, para o cal teñen previsto un réxime de asistencia e cobertura socio-sanitaria, ben propio ou ben en colaboración con outras administracións. Neste ámbito ademais da axuda familiar e da concesión de bolsa, podemos atopar documentación relacionada coa Mutualidade nacional de previsión da Administración Local, coa Seguridade Social.

2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL
A Mutualidade Nacional de Previsión da Administración Local foi creada pola Lei 11/1960, de 12 de maio de 1960, e suprimiuse polo Real Decreto en 1993. Nese período xestiona os dereitos pasivos dos traballadores locais, as súas xubilacións e pensións e o outros dereitos adquiridos polos traballadores na súa vida laboral.

2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social
O sistema de Seguridade Social configúrase a partir da Lei de Bases de 1963. Ten antecedentes dende 1900 coa Lei Dato, no ano 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión. Afecta ao persoal laboral e dende a supresión da MUNPAL e diversa medida a totalidade do persoal municipal, pasando a xestionar a asistencia sanitaria e as xubilacións e pensións.

2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica
Receitas farmacéuticas e documentación relacionada coa asistencia sanitaria ao persoal municipal e as axudas derivadas dese concepto.

2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos
Expedientes coa documentación relacionada con cada un dos traballadores que pasaron a condición de pasivos, logo do remate da súa vida laboral.

2.4.3.5.- Expedientes de pensións
Expedientes relacionados coa tramitación das pensións de xubilación do persoal municipal e dos seus familiares beneficarios, no caso das pensións de viudedade, orfandade etc.

2.4.3.6.- Nóminas de pasivos
Documentos relacionados cos pagamentos a persoal pasivo dos concellos, que serven de testemuña de abono de pensións e gratificacións recibidas

Concello de Marín

AUGA

Esta 2ª División de sección, AUGA, contén unha única serie documental:

3.3.3.1.- Documentación de auga
O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…).

Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licencias de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.).

OBRAS PARTICULARES

3.1.4.1.- Libro rexistro de licenzas de obras
Rexistro destinado a anotar as licenzas de obras concedidas polo órgano competente do concello , logo do oportuno expediente tramitado ao efecto. Recollen os datos básicos para a identificación de cada unha delas.

3.1.4.2.- Licenzas de obras a particulares
Expediente que se tramita para levar a cabo obras de titularidade particular e que se tramitan para comprobar a legalidade e adecuación da obra á normativa vixente. Poden ser:

Licenzas de obras maiores: expediente que se tramita para levar a cabo una obra nova, ampliación ou modificación, demolición, legalización, urbanización, cambio de titularidade particular.

Licenzas de obras menores: expediente que se tramita para levar a cabo reforma de elementos (tellado, pintar portal ou escaleira), reforma en vivenda (cambiar aparellos sanitarios, cambiar carpintaría interior, solar, alicatar, etc.) e para instalar lápida de sepultura. Tamén obra menor en vía pública (instalación de anuncios, valado, gabias e canalizacións subterráneas..)

Licenza de primeira ocupación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a ocupación dunha vivenda, unha vez finalizada a construción.

Expediente de segregación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a separación dunha parcela de terreo da súa leira matriz

3.1.4.3.- Licenzas de obras a FENOSA
Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a FENOSA, para tendidos de alta, media e baixa tensión, colocación de postes, centros de transformación…etc

3.1.4.4.- Licenzas de obras a Telefónica
Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a TELEFÓNICA, para tendidos de telefónicos, colocación de postes e outras onbras necesarias

3.1.4.5.- Expedientes de declaracións de ruína
Expediente que se tramita para verificar o estado de conservación dun inmoble e determinar a necesidade ou non da súa demolición

3.1.4.6.- Infraccións urbanísticas
Expediente que se tramita con motivo da infracción de obras cometida por un cidadán, ben por construción sen licenza ou ben por non axustarse as condicións previstas na súa concesión.

3.1.4.7.- Informacións urbanísticas
Informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos: condicións de edificabilidade, liña de construción, calificacións urbanísticas

3.1.4.8.- Certificacións urbanísticas
Certificacións emitidas en base aos informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos

PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-1-4
  • 2ª División de Sección
  • 1986
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

Xorde ao entrar en vigor a Lei 49/1981, como consecuencia da desaparición dos extraordinarios. Estará sometido ao principio de anualidade. A Lei 7 /1985 porá fin a esta serie documental que puido tramitarse entre 1982 e 1985.

4.1.4.1.- Expediente xeral do presuposto de investimentos: é o conxunto de documentos que reflicten os gastos e ingresos que se van a producir ao poñerse en marcha os programas de investimentos da Corporación Municipal (contas, libros de contabilidade, mandados de pagamento e ingreso).

SELECCIÓN DE PERSOAL

Esta 2ª división de sección, SELECCIÓN DE PERSOAL, está conformada polas seguintes series documentais:

2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos
Expediente tramitado para a provisión de prazas de persoal mediante probas de selección nas súas modalidades de oposición, libre ou restrinxida, concurso-oposición ou simplemente concurso. Recollen habitualmente todo o proceso que vai dende a convocatoria, solicitudes, proceso de selección a proposta de nomeamento do persoal seleccionado.

2.4.4.2.- Solicitudes de emprego
Instancia dirixida ao Alcalde na que se lle solicita un posto de traballo nas moitas dependencias ou actividades desenvoltas polos concellos

Resultados 11 a 20 de 24