Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Documentación da Seguridade Social

O sistema de Seguridade Social configúrase a partir da Lei de Bases de 1963. Ten antecedentes dende 1900 coa Lei Dato, no ano 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión. Afecta ao persoal laboral e dende a supresión da MUNPAL e diversa medida a totalidade do persoal municipal, pasando a xestionar a asistencia sanitaria e as xubilacións e pensións.

Xunta Local de Sanidade

Órgano colexiado existente en tódolos concellos, presidido polo alcalde e formado por concelleiros e persoal sanitario que presta servizo no territorio municipal, encargado de xestionar e definir as actuacións en materia de sanidade. Documentalmente consérvase alo menos o Libro de actas de sesións da Xunta Local de Sanidade e, as veces, expedientes de sesións da propia Xunta Local de Sanidade con documentos tratados en cada sesión.

Xunta Municipal de Asociados

A Xunta Municipal de Asociados é un órgano de notables competencias e duración curta; os seus antecedentes remóntanse a 1856, nunha lei de breve duración efectiva, na que se establecen nos concellos una comisión de presupostos municipais para a elaboración dos mesmo, presidida polo Alcalde e da que forma parte o secretario do concello. Este órgano está formado polos concelleiros e por un número dobre de veciños asociados electores. A súas sesión serian públicas.

Será a lei municipal de 1870 a que lle da o respaldo definitivo establecendo a súa creación en tódolos concello, formada por concelleiros e veciños asociados igual ao triplo do número de concelleiros (en 1877 pasará a ser igual ao de concelleiros); os veciños deberían ser contribuíntes, eran elixidos por sorteo e desempeñaban o cargo un ano económico. Encárganse da revisión e censura das contas

Desaparece co Estatuto Municipal de 1924, que iguala a organización existente nas Deputacións Provinciais á totalidade dos concellos; xorde entón a Comisión Municipal Permanente.

Documentalmente consérvanse os libros de actas das sesións celebradas ou os expedientes destas sesións, ou, nalgún caso as actas soltas das mesmas.

Expedientes de Entidades Locais Menores

Contén documentos das entidades locais menores son anexos, parroquias, lugares, aldeas, caseríos e poboados, que dentro dun municipio e constituíndo núcleo separado de edificación, forma un conxunto de persoas e bens, con dereitos ou intereses peculiares e colectivos, diferenciados dos xerais do concello.

Expedientes de sesións do Pleno

Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc.

Mocións

Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.

Expedientes da Comisión Xestora

Documentación (actas ou expedientes de sesións) das sesións da Comisión Xestora, órgano ocasional e de carácter excepcional que se crea en circunstancias concretas para substituír ao Pleno da corporación.

Rexistro de Entidades Locais

O Rexistro de entidades locais nace en 1986 co fin de ter constancia fidedigno dunha serie de datos elementais dos oito tipos de entidades locais de España. Os municipios teñen un número de inscrición no rexistro de entidades locais. O Real Decreto 382/1986, de 10 de febreiro, crea, organiza e regula o funcionamento do Rexistro de Entidades Locais.

Resultados 41 a 50 de 247