Amosando 24 resultados

Descrición arquivística
2ª División de Sección
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

OMIC

Esta 2ª división de sección, OMIC, contén unha única serie documental:

3.3.4.1.- Documentación da OMIC
A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é un departamento municipal de recente creación existente nalgúns concellos -posiblemente pola Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios de 1984-, encamiñado a orientar e aconsellar ós habitantes en materia de consumo para defender os seus dereitos e intereses tanto económicos como sanitarios na materia, incluso por vía legal se fora preciso.

REPRESENTACIÓN DO PERSOAL

Esta 2ª división de sección, REPRESENTACIÓN DO PERSOAL, está composta por unha única serie documental:

2.4.5.1.- Representación do persoal
Recolle un amplo espectro documental relacionado coa actividade sindical de reivindicación, negociación e solución de moitos asuntos relacionados coa defensa dos dereitos do persoal funcionario e laboral dos concellos; entre eles destaca a documentación relacionada coa negociación dos convenios colectivos, coas folgas de traballadores e coas eleccións sindicais e a formación dos diferentes órganos de representación sindical (Xunta de persoal, Comisión Paritaria, Comité de Empresa...).

Os convenios colectivos supoñen un pacto ou acordo resultante da negociación desenvolta polos representantes dos traballadores e a corporación, libremente adoptado por eles en virtude da súa autonomía colectiva e supoñen na práctica un texto que recolle dito pacto ou acordo, especificando polo miúdo os dereitos e deberes dos traballadores afectados, complementando á lexislación estatal ou autonómica.

INDUSTRIAS

Esta 2ª división de sección 3.1.5. INDUSTRIAS contén documentación sobre o control da activiade comercial e industrial dsenvolta no territorio municipal, coas seguintes series documentais:

3.1.5.1.- Actividades molestas, nocivas, insalubres e perigosas
Expediente para a concesión de licenza para a instalación de industrias, depósitos de gas e outros equipamentos suxeitos ao Decreto 2414/1961, de 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

3.1.5.2.- Licenzas de apertura de establecementos
Expediente para a concesión de licenza para a actividades comerciais e establecementos inocuos, cunha tramitación máis sinxela que os das actividades molestas..

3.1.5.3.- Libro rexistro de industrias
Rexistro das licencias para actividades industriais concedidas polo concello.

PÓSITO

Esta 2ª división de sección, PÓSITO, contén unha única serie documental:

3.3.5.1.- Documentación do Pósito
O Pósito agrícola é unha institución local nacida no século XVI que tivo como finalidade, nun primeiro momento, actuar como graneiro, especialmente de trigo, co obxecto de abastecer de pan á poboación, especialmente nas épocas de carestía e de prestar gran ós labregos, tanto para a semente como para o consumo nos meses de maior escaseza.
Co tempo, constituíuse nunha institución de préstamo agrícola, mediante a cal os pequenos labregos podían suplir as carencias dunha mala colleita ou a compra de todo o necesario para a próxima así como comprar novas terras e sanear as súas rendas.

Resultados 21 a 24 de 24