Amosando 24 resultados

Descrición arquivística
2ª División de Sección
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

TAXAS

As entidades locais poderán establecer taxas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, así como pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local que se refiran, afecten ou beneficien de xeito particular ós contribuíntes.

Deste xeito, constitúen un ingreso de dereito público que se orixina pola prestación dun servizo público de consumo divisible que reporta, aínda que de xeito secundario, un beneficio xeral para a colectividade e cunha contía igual ó custo do servizo.

O número de taxas e prezos públicos impoñibles é moi elevado, sendo regulados nas súas respectivas ordenanzas fiscais, destacando algúns como a taxa por recollida de lixo, abastecemento de augas, ocupación de vía pública, etc...

4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais
Norma xurídica xeral, obrigatoria e permanente, de carácter subordinado á Lei e a outras normas de rango superior, ditadas polas Entidades Locais, pero no ámbito puramente fiscal. (1911)

4.2.2.2.- Listas cobratorias
Relacións de contribuíntes ou as súas modificacións, que poder atoparse agrupadas nos padróns de exaccións municipais, ou individualizadas por conceptos: augas, lixos, entrada de garaxes, toldos, escaparates.

MATADOIRO

Esta 2ª división de sección, MATADOIRO, está composta por unha única serie documental:

3.3.2.1.- Documentación do matadoiro
O matadoiro é outro servizo municipal que ten como finalidade o abastecemento de carne ou derivados á poboación mediante o sacrificio controlado de animais. A súa actividade está intimamente relacionada coa 1ª División de sección de sanidade, se ben nesta agrupación tan só incluiriamos aquela documentación referida ó matadoiro como lugar físico ou servizo municipal, non a referente ás matanzas domiciliarias nin ó control veterinario das reses.

AUGA

Esta 2ª División de sección, AUGA, contén unha única serie documental:

3.3.3.1.- Documentación de auga
O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…).

Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licencias de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.).

OMIC

Esta 2ª división de sección, OMIC, contén unha única serie documental:

3.3.4.1.- Documentación da OMIC
A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é un departamento municipal de recente creación existente nalgúns concellos -posiblemente pola Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios de 1984-, encamiñado a orientar e aconsellar ós habitantes en materia de consumo para defender os seus dereitos e intereses tanto económicos como sanitarios na materia, incluso por vía legal se fora preciso.

Resultados 21 a 24 de 24