Amosando 24 resultados

Descrición arquivística
2ª División de Sección
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

INDUSTRIAS

Esta 2ª división de sección 3.1.5. INDUSTRIAS contén documentación sobre o control da activiade comercial e industrial dsenvolta no territorio municipal, coas seguintes series documentais:

3.1.5.1.- Actividades molestas, nocivas, insalubres e perigosas
Expediente para a concesión de licenza para a instalación de industrias, depósitos de gas e outros equipamentos suxeitos ao Decreto 2414/1961, de 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

3.1.5.2.- Licenzas de apertura de establecementos
Expediente para a concesión de licenza para a actividades comerciais e establecementos inocuos, cunha tramitación máis sinxela que os das actividades molestas..

3.1.5.3.- Libro rexistro de industrias
Rexistro das licencias para actividades industriais concedidas polo concello.

PÓSITO

Esta 2ª división de sección, PÓSITO, contén unha única serie documental:

3.3.5.1.- Documentación do Pósito
O Pósito agrícola é unha institución local nacida no século XVI que tivo como finalidade, nun primeiro momento, actuar como graneiro, especialmente de trigo, co obxecto de abastecer de pan á poboación, especialmente nas épocas de carestía e de prestar gran ós labregos, tanto para a semente como para o consumo nos meses de maior escaseza.
Co tempo, constituíuse nunha institución de préstamo agrícola, mediante a cal os pequenos labregos podían suplir as carencias dunha mala colleita ou a compra de todo o necesario para a próxima así como comprar novas terras e sanear as súas rendas.

MATADOIRO

Esta 2ª división de sección, MATADOIRO, está composta por unha única serie documental:

3.3.2.1.- Documentación do matadoiro
O matadoiro é outro servizo municipal que ten como finalidade o abastecemento de carne ou derivados á poboación mediante o sacrificio controlado de animais. A súa actividade está intimamente relacionada coa 1ª División de sección de sanidade, se ben nesta agrupación tan só incluiriamos aquela documentación referida ó matadoiro como lugar físico ou servizo municipal, non a referente ás matanzas domiciliarias nin ó control veterinario das reses.

AUGA

Esta 2ª División de sección, AUGA, contén unha única serie documental:

3.3.3.1.- Documentación de auga
O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…).

Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licencias de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.).

OMIC

Esta 2ª división de sección, OMIC, contén unha única serie documental:

3.3.4.1.- Documentación da OMIC
A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é un departamento municipal de recente creación existente nalgúns concellos -posiblemente pola Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios de 1984-, encamiñado a orientar e aconsellar ós habitantes en materia de consumo para defender os seus dereitos e intereses tanto económicos como sanitarios na materia, incluso por vía legal se fora preciso.

ASUNTOS XERAIS

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-1-1
  • 2ª División de Sección
  • 1875-1957
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

A 2ª división de sección ASUNTOS XERAIS está composta polas series documentais a seguir:

4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención

4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF

Documentos xustificativos dos pagamentos feitos polo concello en concepto do IVE, de conformidade co previsto pola lexislación do momento, ou do IRPF dos traballadores e cargos municipais, normalmente en modelos existentes ao efecto.

4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados

A Xunta Municipal de Asociados é un órgano de notables competencias e duración curta; os seus antecedentes remóntanse a 1856, nunha lei de breve duración efectiva, na que se establecen nos concellos una comisión de orzamentos municipais para a elaboración dos mesmo, presidida polo Alcalde e da que forma parte o secretario do concello. Este órgano está formado polos concelleiros e por un número duplo de veciños asociados electores. A súas sesións serian públicas.

Será a lei municipal de 1870 a que lle dea o respaldo definitivo establecendo a súa creación en todos os concello, formada por concelleiros e veciños asociados igual ao triplo do número de concelleiros (en 1877 pasará a ser igual ao de concelleiros); os veciños deberían ser contribuíntes, eran elixidos por sorteo e desempeñaban o cargo un ano económico. Encárganse da revisión e censura das contas

Desaparece co Estatuto Municipal de 1924, que iguala a organización existente nas Deputacións Provinciais á totalidade dos concellos; xorde entón a Comisión Municipal Permanente.

Documentalmente consérvanse os libros de actas das sesións celebradas ou os expedientes destas sesións, ou, nalgún caso as actas soltas das mesmas.

4.1.1.4.- Tribunal de Contas

Documentación presentada por imperativo legal ou a requirimento específico ante o Tribunal de Contas ou ante o Concello de Contas, no caso de Galicia, órgano que é o supremo órgano de fiscalización das contas e da xestión económica das entidades locais

4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención

Certificacións e informes concretos emitidos polo Interventor municipal dentro da súa actividade e área competencial, na maior parte dos casos para formar parte doutras dilixencias ou expedientes, quedando a copia do mesmo.

4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos

Rexistro que recolle os decretos da Alcaldía autorizando de conformidade co previsto na lexislación pagamentos dentro das súas competencias. En moitos casos inscríbense un libro de rexistro cada un deles, identificando concepto, cantidade, xustificante e data de emisión.

4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención

Rexistro da correspondencia e documentos recibidos ou emitidos desde o Servizo de Intervención.

PRESUPOSTOS ORDINARIOS

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-1-2
  • 2ª División de Sección
  • 1882-1985
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

A obriga de elaborar un presuposto ordinario por parte dos concellos aparece co Real Decreto de 23 de xullo de 1835. Así se mantén nas distintas leis municipais de 1845,1856,1868,1870,1877, Estatuto de 1924, Lei de 1945, 1985 e Lei 39/88 reguladora das facendas locais. Todas elas regulan como deben ser as características do presuposto e a súa normalización e obrigatoriedade para todos os concellos.

Coa Lei 7/85 de Réxime Local e o Texto Refundido aprobado por R.D. 781/86 establécese un presuposto único denominado “presuposto xeral”, desaparecendo definitivamente os extraordinarios, adicionais ou de investimentos.

4.1.2.1.- Expedientes de financiamento. Créditos

Documentación relacionada coa tramitación de financiamento para executar obras ou servizos polos concellos ante entidades bancarias (Bancos e Caixas) ou ante o Banco de Crédito Local, creado en 1924, ou a Caixa de Anticipos, dependente da Deputación Provincial.
As Entidades Locais poderán concertar operacións de crédito con toda clase de entidades de crédito para o financiamento dos seus investimentos. Inclúense nesta serie a documentación derivada da tramitación da solicitude, do proceso de formalización e da súa devolución de conformidade cos prazos previstos.

4.1.2.2.- Expediente xeral do presuposto ordinario

Agrupación de series que recolle o conxunto de documentos que reflicten os ingresos e gastos correntes do concello que se prevén para cada exercicio económico, segundo unha clasificación económico funcional.

A tipoloxía resultante ten unha evolución ao longo do tempo, marcada pola normalización dos procedementos en todas as entidades locais. O presuposto ordinario aparece regulado no Decreto de 3 de febreiro de 1823, que obrigaba á súa formación para o ano seguinte no mes de outubro de cada ano. Logo será a Lei de 1835 que obrigue a súa remisión ao Gobernador Civil para a súa aprobación e efecto, coa súa clasificación en gastos e ingresos, que se mantén no ano 1845, no Estatuto de 1924, na Lei de 1945, no Regulamento de Facendas Locais e a Instrución de Contabilidade de 1952 e, finalmente, na Lei 39/1988 e o decreto que a desenvolve 500/1990, que supuxo unha importante modificación contable a partir de 1992. De todas elas dedúcense os tipos documentais resultantes, libros e rexistros e documentos contables. Os máis habituais son os seguintes:

Conta xeral do presuposto: formada polos documentos redactados para o coñecemento, exame e fiscalización da xestión económica dos concellos; neles reflíctese con detalle as incidencias da execución do presuposto. Conta documentalmente con capítulos de ingresos, capítulos de gastos, artigos de ingresos, artigos de gastos e liquidación do presuposto; un exemplar do presuposto refundido; as relacións de mandados de pagamento e de ingreso; a relación de debedores; certificacións das modificacións de créditos efectuadas e acta de arqueo a 31 de decembro.

Conta xeral do patrimonio: documento contable cuxo obxecto e presentar o estado dos bens, dereitos e capitais, así como a relación de empréstitos e gravames, no curso dun exercicio económico. É redactada polo interventor e aprobada polo Pleno e enviada ás Delegacións de Facenda.

Conta de caudais (1924-1991), chamadas tamén de tesouraría (desde 1986), teñen o seu antecedente nas contas anuais de caudais (1845-1924) e estas, á súa vez, na conta de propios e arbitrios ou de cargo e data (1764-1845). Ten carácter trimestral e reflicten as operacións de ingresos e gastos de cada capítulo do presuposto.

Conta de valores independentes e auxiliares do presuposto (VIAP): a partir da Instrución de Contabilidade de 1952.

Liquidación do presuposto: expresión cifrada dos gastos e ingresos habidos no exercicio económico. É un documento obrigatorio, redactado polo interventor e aprobada polo Pleno

Expediente de modificación de créditos: expediente formado para acomodar os créditos aos gastos reais, cando estes non foran previstos inicialmente, cambiando os fondos de partidas orzamentarias, habilitando crédito onde faga falta desde outro lugar no que sobre ou se rexeita para un novo fin.

Mandados de pagamento e de ingreso: antes cargaremes e libranzas, a partir de 1992, ás veces, documentos contables. Son un conxunto de documentos, en base a un modelo, no que se rexistran as entradas e saídas de fondos consignados no presuposto. Teñen un encabezamento ou texto e a sinatura do pagador ou ingresador. Moitas veces levan anexo os xustificantes do mesmo, ben facturas, contratos, escrituras…etc, supondo todo iso un elevado volume documental

Libro maior, que estivo en vigor desde 1886 e 1952.

Libro de contas correntes para ingresos, en vigor entre 1924 e1952.

Libro xeral de gastos que xorde coa Instrución de Contabilidade de 1952, destinado a consignar os gastos previstos, anotándose nel as operacións de recoñecemento e liquidación de obrigas, alteracións que experimenten e pagamento das mesmas, para deducir o importe pendente de pagamento ao fin de cada mes. A estrutura inclúe a data, a explicación do asento, unha columna “cargo” subdividida en pagado, baixa, xustificado e total; outra columna ”data” coas cantidades recoñecidas , liquidadas ou contraídas, e outras co saldo e crédito dispoñible e as observacións.

Libro xeral de rendas e exaccións: xorde coa Instrución de Contabilidade de 1952, destinado a anotar os ingresos que se reciben no concello en concepto de presuposto, alteracións e os saldos pendentes de cobro ao fin de cada mes. A estrutura do libro recolle a data do asento, a explicación da anotación, un recadro para cargo e data e o saldo

Libro diario de intervención (1845-1924), que pasou a denominarse “Libro diario de Operacións”.

Libro diario de intervención de gastos, que aparece no Regulamento de Facendas Locais de 1924, substituíndo ao libro borrador de pagamentos, 1886-1924, destinado a rexistrar por orde cronolóxica os mandados de pagamento cursados. A estrutura inclúe o numero de asento, número de orde de Caixa, número de expedición do mandado, capítulo e concepto de presuposto ao que se aplica, explicación do gasto e resultas do gasto.

Libro diario de intervención de ingresos (aparece no Regulamento de Facendas Locais de 1924, substituíndo ao libro borrador de ingresos, 1886-1924), destinado a rexistrar por orde cronolóxica os mandados de ingreso cursados. A estrutura inclúe o numero de asento, número de orde de Caixa, número de expedición do mandado, capítulo e concepto de presuposto a que aplica, explicación do ingreso e resultas do ingreso.

Libro de valores independentes e auxiliares do presuposto (VIAP). Libro destinado a consignar os valores de créditos a favor dos concellos, inscricións e títulos de débeda pública, recibos a cobrar, retencións, fianzas e depósitos en xeral. A estrutura do libro recolle a data do asento, a explicación do mesmo, un recadro para entrada e saída, as existencias e as observacións. Circunscríbese ao período comprendido entre 1952 e 1990.

Libro rexistro de mandados de pagamento e ingreso, específico para anotar estes documentos contables cronoloxicamente.

A partir de 1990 os libros de contabilidade son (Orde de 17 de xullo de 1990 pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a administración local, BOE 23-7-1990):

Libro diario xeral de operacións, existente entre 1924 e 2006 onde se consigna, a principios de ano, os resultados do exercicio anterior, comezando polo capital activo e pasivo que se deduza do inventario, as obrigas e créditos a pagar, os créditos a cobrar e as existencias de metálico e valores así como os asentos para a apertura de contas aos capítulos ou conceptos xerais dos presupostos ordinarios e extraordinarios aprobados polas corporacións

A partir de 1992, a contabilidade empeza a facerse de xeito informático, imprimíndose os rexistros e documentos contables resultantes durante uns anos para a súa validación e conservación, costume que se foi perdendo progresivamente. Os novos documentos serían, entre outros:

Diario de operacións do presuposto de gastos.
Maior de conceptos do presuposto de gastos.
Maior de conceptos do presuposto de ingresos.
Maior de conceptos non orzamentarios.
Rexistros de mandados de pagamento e de ingreso.
Auxiliares de conta corrente.
Rexistro xeral de tesouraría (ingresos e pagamentos)

4.1.2.3.- Estatísticas presupostarias

Modelo estatístico remitido para información e control orzamentario dos concellos a administración central, recollendo a información básica das distintas partidas do presuposto, tanto de ingresos como de gastos.

Tamén poden aparecer, en períodos temporais concretos, documentos específicos do control e xestión orzamentaria dun organismo autónomo ou entidade municipal ou con participación municipal, que xeran series documentais propias:

4.1.2.4.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego Municipal Monte Santa Trega

Documentación orzamentaria e contable específica do Padroádego Municipal Monte Santa Trega

4.1.2.5.- Expediente xeral do presuposto da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais

Documentación orzamentaria e contable específica da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais

4.1.2.6.- Expediente xeral do presuposto do Padroádego de Turismo

Documentación orzamentaria e contable específica do Padroádego de Turismo

PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-1-3
  • 2ª División de Sección
  • 1924-1982
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

Foron regulados por primeira vez no ano 1835 e desapareceron coa aprobación do Real Decreto 3.183/1981, de 29 de decembro. Non estaban sometidos ao principio de anualidade, nin de unicidade, e a súa elaboración non era obrigatoria ao redactarse para fins concretos (imprevistos, obras novas de consideración, etc.).

Créanse para dispor de fondos para obras novas ou finalización e melloras en obras xa executadas, para imprevistos, para obras moi importantes ou para executar sentenzas de tribunais.

4.1.3.1.- Expediente xeral do presuposto extraordinario
É o conxunto de documentos que reflicten os gastos e ingresos da Corporación Municipal non previstos no presuposto ordinario (contas, libros de contabilidade, mandados de pagamento e ingreso).

PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-1-4
  • 2ª División de Sección
  • 1986
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

Xorde ao entrar en vigor a Lei 49/1981, como consecuencia da desaparición dos extraordinarios. Estará sometido ao principio de anualidade. A Lei 7 /1985 porá fin a esta serie documental que puido tramitarse entre 1982 e 1985.

4.1.4.1.- Expediente xeral do presuposto de investimentos: é o conxunto de documentos que reflicten os gastos e ingresos que se van a producir ao poñerse en marcha os programas de investimentos da Corporación Municipal (contas, libros de contabilidade, mandados de pagamento e ingreso).

IMPOSTOS

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-2-1
  • 2ª División de Sección
  • 1879 - 1969
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

A gran diversidade, variedade e complexidade son as características que definen ás figuras tributarias impostas polos concellos ó longo da súa historia para acadar recursos cos que financiar as súas actividades.

Este dato ponse especialmente de manifesto no caso de arbitrios e impostos, os cales soen ser clasificados entre directos e indirectos.

Son impostos directos aqueles que recaen directa e definitivamente sobre o contribuínte, sen posibilidade de repercusión sobre outra persoa; gravan cousas ou situacións duradeiras polo que permiten a formación dun padrón, matrícula ou rexistro de contribuíntes; e gravan unha manifestación inmediata da capacidade contributiva (patrimonio ou renda).

Os impostos directos poden ser persoais ou subxectivos e reais ou obxectivos: os impostos persoais gravan o conxunto de rendas de cada contribuínte tendo en conta as súas situacións persoais namentres os impostos reais gravan as rendas con independencia das circunstancias persoais do contribuínte.

Por contra, os impostos indirectos son aqueles que o contribuínte pode trasladalos ou repercutilos sobre outra persoa, están ligados a acontecementos pasaxeiros e gravan unha manifestación indirecta ou mediata da capacidade contributiva (o consumo da renda). Á súa vez, divídense en impostos de consumo, impostos de circulación (gravan a parte da renda que se destina a bens de inversión) e impostos de tráfico (gravan o tránsito material de bens sen que exista un cambio de titularidade).

Podémonos atopar moitas variantes de impostos: arbitrios provinciais, contribución por gandería independente, contribución industrial/matrícula industrial/licenza fiscal/IAE, contribución territorial rústica e pecuaria / IBI, contribución territorial urbana/IBI, imposto sobre circulación de vehículos, imposto sobre instalacións, construcións e obras, imposto de consumos, plusvalías

O imposto grava a riqueza individual dun suxeito, tendo en conta unha serie de feitos ou actos que se presumen ou tipifican legalmente como manifestacións da riqueza.

4.2.1.1.- Xunta Pericial
As Xuntas Periciais xorden unidas ao cambio impositivo establecido en 1845. Xa nese ano se establece que cada ano se nomeen un numero de persoas entre os contribuíntes de cada concello para facer o repartimento da contribución territorial, igual ao número de concelleiros. Encargábanse de revisar as declaracións xuradas de bens rústicos e urbáns dadas polos veciños. Entre as súas función estaba a de establecer a cota correspondente a pagar por cada un dos veciños.

Será una Real Orde de 1859 a que crea oficialmente as Xuntas Periciais, formada por peritos repartidores nomeados por catro anos a partir de agora. Está presidida polo Alcalde, sendo vicepresidente un concelleiro. Entre as súas funcións, co tempo estará a conservación e actualización dos amillaramentos e o mellor reparto da contribución territorial.

A lei de 1906 crea o Catastro, que será a enumeración descritiva, literal e gráfica dos presido rústicos, forestais, solares, edificios..coa expresión da súa superficie, lindeiros, cultivos, calidades, co que o traballos das Xuntas Periciais será potenciado, controlando as sucesivas modificacións do mesmo.

Este organismo pervive na actualidade relacionado co Centro de Xestión Catastral.

4.2.1.2.- Contribución territorial rústica
Recolle a documentación do pago de imposto por contribución territorial rústica, repartida entre os veciños en base a propiedade de terrenos e a cualidade e capacidade dos mesmos. Atopamos os libro de afanegados, os amillaramentos e a documentación xenerada para a elaboración dos mesmos e as súas modificacións sucesivas; dende mediados do século XX aparecen os padróns de rústica e os cadernos auxiliares para a súa elaboración e modificación anual.

4.2.1.3.- Contribución por gandaría independente
Padróns da contribución por tenza de gandos

4.2.1.4.- Contribución territorial urbana
Recolle a documentación do pago de imposto por contribución territorial por bens de natureza urbana, tanto os repartimentos e padróns, como a documentación para o seu mantemento: altas, baixas e modificacións de datos.

4.2.1.5.- Rexistro fiscal de edificios e soares
Rexistro dos solares a efectos fiscais, con datos de situación, lindeiros, datos do rexistro da propiedade e valoración. Normalmente agrúpanse por parroquias.

4.2.1.6.- Matrícula industrial e licenza fiscal
Tributo directo de carácter real, cuxo feito impoñible está constituído polo mero exercicio, en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas. Desde a Lei 39/88 Imposto de actividades económicas (IAE).

4.2.1.7.- Expedientes de plusvalías
Expediente de impostos municipais sobre o incremento de los terrenos. Es el expediente por el que se determina la tributación que corresponde al aumento del valor de un inmoble que se pon de manifesto na transmisión deste ben.

Establecido polo Real Decreto de 13 de marzo de 1919 como arbitrio municipal.

4.2.1.8.- Imposto sobre circulación de vehículos
Agrupación de series con rexistros e expediente que se tramitan para determinar e regular a tributación que corresponde ao contribuínte pola circulación do vehículo. Destacan os padróns de vehículos, altas e baixas e transferencias.

Os antecedentes remóntanse a 1871 que permite gravar a tenza de carruaxes de luxo(1871-1924); posteriormente o Imposto da Patente Nacional de Circulación de Vehículos, creado por Real Decreto - Lei de 29 de abril de 1927, que sería substituído polo actual imposto municipal de circulación de vehículos, xa en 1966.

4.2.1.9.- Contribucións usos e consumos
Agrupación de series con rexistros e expedientes polo que se grava o consumo de especies de viño, sidra, augardente, licores, aceites, xabón e carnes, concibido como un imposto municipal sobre os comestibles e outros xéneros que se introducen nunha poboación para vendelos ou consumilos nela.

Inclúe o Repartimento Xeral de Utilidades, establecido en 1840 autorizando a facer un reparto veciñal para cubrir gastos municipais en relación coas utilidades existentes en cada parroquia.

4.2.1.10.- Arbitrios provinciais
Arbitrio provincial de rodaxe e arrastre

4.2.1.11.- Contribucións especiais
Agrupación de series con rexistros e expedientes polo que se determina a tributación polo beneficio ou aumento de valor dos bens de persoas físicas ou xurídicas, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento ou ampliación de servizos públicos. Aparecen en 1840, anque a primeira regulación do mesmo aparece n 1917

4.2.1.12.- Imposto sobre construcións, instalacións e obras
É un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obra ou urbanística.

4.2.1.13.- Bens inmobles de características especiais (BICES)
Son aqueles que constitúen un conxunto complexo de uso especializado, integrado por chan, edificios, instalacións e obras de urbanización e mellora que, polo seu carácter unitario e por estar ligado de forma definitiva para o seu funcionamento, se configura para efectos catastrais como un único ben inmoble.

Resultados 11 a 20 de 24