Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Contribucións usos e consumos

Agrupación de series con rexistros e expedientes polo que se grava o consumo de especies de viño, sidra, augardente, licores, aceites, xabón e carnes, concibido como un imposto municipal sobre os comestibles e outros xéneros que se introducen nunha poboación para vendelos ou consumilos nela.

Inclúe o Repartimento Xeral de Utilidades, establecido en 1840 autorizando a facer un reparto veciñal para cubrir gastos municipais en relación coas utilidades existentes en cada parroquia.

Expedientes de persoal docente

Expedientes de persoal docente tramitados para moi diversos asuntos en relación aos mestres dos centros educativos como as tomas de posesión e cesamento, traslados, provisións de casa habitación, concesión de licenzas e permisos, etc.

Cadros de persoal

Relación de postos de traballo que o concello reserva ao persoal funcionario, laboral ou eventual. Inclúe os expedientes da oferta pública de emprego, que se tramita para dar publicidade ás prazas que están vacantes, tanto laborais como funcionarios, no cadro de persoal do concello

Correspondencia

Conxunto de cartas ou documentos soltos que se reciben o expiden dende a administración municipal no decurso da súa actividade cotián e que non pasaron a formar parte de ningún expediente individualizado.

Expedientes de abastos e consumos

A función dos concellos en materia de control e intendencia de abastecementos é unha das máis antigas encomendadas ós mesmos, comprendendo os expedientes de autorización de vendas e expedientes de declaración de existencias, as denuncias e infraccións en materia de consumo, estatísticas, establecementos comerciais libros rexistros de provedores, padróns de clientes de establecementos, liquidacións de subministros de establecementos, os aranceis –libros, as denuncias e o control das mercadorías, prezos e pesas e medidas.

Contribución territorial rústica

Recolle a documentación do pagamento de imposto por contribución territorial rústica, repartida entre os veciños en base a propiedade de terrenos e a cualidade e capacidade dos mesmos. Atopamos os libro de afanegados, os amillaramentos e a documentación xenerada para a elaboración dos mesmos e as súas modificacións sucesivas; dende mediados do século XX aparecen os padróns de rústica e os cadernos auxiliares para a súa elaboración e modificación anual.

Xunta Pericial

As Xuntas Periciais xorden unidas ao cambio impositivo establecido en 1845. Xa nese ano se establece que cada ano se nomeen un numero de persoas entre os contribuíntes de cada concello para facer o repartimento da contribución territorial, igual ao número de concelleiros. Encargábanse de revisar as declaracións xuradas de bens rústicos e urbáns dadas polos veciños. Entre as súas función estaba a de establecer a cota correspondente a pagar por cada un dos veciños.

Será una Real Orde de 1859 a que crea oficialmente as Xuntas Periciais, formada por peritos repartidores nomeados por catro anos a partir de agora. Está presidida polo Alcalde, sendo vicepresidente un concelleiro. Entre as súas funcións, co tempo estará a conservación e actualización dos amillaramentos e o mellor reparto da contribución territorial.

A lei de 1906 crea o Catastro, que será a enumeración descritiva, literal e gráfica dos presido rústicos, forestais, solares, edificios..coa expresión da súa superficie, lindeiros, cultivos, calidades, co que o traballos das Xuntas Periciais será potenciado, controlando as sucesivas modificacións do mesmo.

Este organismo pervive na actualidade relacionado co Centro de Xestión Catastral.

Xunta Municipal de Ensino

Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Ensino e as actas e expedientes de sesións da mesma.

Xunta Local de Beneficencia

Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Beneficencia e as actas e expedientes de sesións da mesma.

Resultados 11 a 20 de 247