Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Expedientes de axuda familiar

Documentación relacionada co concepto retributivo do persoal municipal de axuda familiar, de conformidade coa situación de cada un. Tramitada co obxecto de facilitar as condicións familiares dos traballadores locais.

Expedientes de beneficencia

Agrupación de series elaboradas a partires do desenvolmento de actuacións benéficas e de asistencia aos desfavorecidos, nun concepto que evolucionou coa nova situación política ao de asistencia social nos inicios dos anos oitenta do século XX. Recollen toda a documentación sobre axudas, reparto de alimentos, campañas de Nadal, medicamentos gratuítos e outros moitos posibles

Expedientes de cargos municipais

Expedientes nos que se reflicte a designación das persoas que van desempeñar cargos ou oficios municipais (alcaldes, concelleiros, alcaldes de barrio, pedáneos).

Inclúe tamén os expedientes de rexistro de intereses de membros da Corporación, que veñen a ser rexistros onde se relatan os bens mobles e inmobles integrantes do patrimonio persoal dos corporativos.

Son habituais tamén os expedientes de elección de Xuíz de Paz e substituto, naqueles municipios onde non existe Xulgado de Primeira Instancia e Instrución. Os xuíces de paz xorden polo RD do 22 de outubro de 1855 e pola Real Orden de 12 de novembro de 1855. Actualmente regúlase pola Lei orgánica do poder xudicial 6/1985 (LOPJ) e polo regulamento 3/1995 de 7 de xuño, dos xuíces de paz.

Expedientes de compras

Expediente que se tramita para proceder á compra de bens polo concello, sempre que estes pasen a formar parte do inventario de bens municipais, diferenciándose das compras de bens e materias non inventariables, que se asignan a serie de expedientes de contratación.

Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa

Expedientes que recolle as fórmulas de contratación reguladas, habituais nos procesos de contratación de maior contido ou valor económico. Os expedientes teñen as bases dos proceso, a presentación de oferta, a valoración das mesmas e a adxudicación da obra ou servizo a contratar.

Expedientes de constitución do Concello

Expediente polo que se renova a corporación como consecuencia dunhas eleccións municipais previas, mediante o cesamento da anterior corporación, a constitución dun novo concello Pleno e elección do alcalde e a consecuente transferencia de poderes.

Expedientes de contratación

Expediente que se tramita para convir a forma de subministración de material, de execución de obras ou de prestación de servizos, que adoptan a fórmula da contratación directa, reservada a aquelas contratación que se poden acometer, dependendo da lexislación a aplicar en cada momento, sen procedementos especiais de publicidade ou libre concorrencia, habitualmente de menor contía e procedemento máis simplificado.

Expedientes de desafectacións

Expediente de declaración formal ou tacitamente que un ben de dominio público queda desvinculado de uso o servizo para o que fora cedido no seu día. Son habituais no casa das antigas escolas, edificios das Cámaras Agrarias locais e outros coa finalidade de poder darlles novas finalidades.

Expedientes de deslindes

Expediente no que se sinalan e distinguen os termos dun lugar, parroquia, concello ou propiedade. Teñen especial interese porque delimitan o territorio das parroquias e dos concellos, fonte de moitos litixios, aportando os documentos oficiais e a planimetría dos mesmos en moitos casos, sendo de utilidade para outros concellos, administracións e particulares. A maior parte da información procede do Instituto Xeográfico Nacional e dos organismos oficiais implicados na ordenación do territorio.

Resultados 71 a 80 de 247