Mostrando 247 resultados

Descripción archivística
Serie
Opciones avanzadas de búsqueda
Imprimir vista previa Ver :

Expedientes doutras obras

Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento de diversas obras no concello.

Actividades molestas, nocivas, insalubres e perigosas

Expediente para a concesión de licenza para a instalación de industrias, depósitos de gas e outros equipamentos suxeitos ao Decreto 2414/1961, de 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

Licenzas de apertura de establecementos

Expediente para a concesión de licenza para a actividades comerciais e establecementos inocuos, cunha tramitación máis sinxela que os das actividades molestas.

Expedientes de sanidade

Agrupación de series con documentos e expedientes xerados polo concello en función da actividade exercida para o control sanitario dos seus habitantes. Entre eles podemos atopar os expedientes de campañas de vacinación, instruídos para levar a cabo tales campañas sanitarias; os expedientes de control sanitario, expedientes de epidemias relacionados co estudo, detección e tratamento de andazos; memorias do estado sanitario do municipio, expedientes de reclamacións por infraccións sanitarias, expedientes de declaración de insalubridade e clausura provisional de establecementos e edificios de servizo público, partes médicos, controis de augas e fontes elaborados polo persoal médico propio do municipio (médicos, farmacéuticos, parteiras) como constancia do exercicio da súa actividade; rexistros de vacinacións e rexistros de epidemias, normalmente existentes en forma de libro, que asentan tales asuntos entre outros moitos que se desenvolven por parte dos concellos na función de control da saúde dos seus habitantes. Tamén a documentación referida á xestión e mantemento dos centros sanitarios por parte dos concellos

Por último os expedientes de sanitarios locais, creados a partir do Regulamento de persoal dos servizos sanitarios locais de 1953, entendendo como tal os servizos médicos (médicos, practicantes, parteiras, farmacéuticos) e veterinarios. Atopamos documentación relacionada co súa presentación e nomeamento ou coa saída ou cesamento de sanitarios locais, ou cos períodos vacacionais, infraccións, expedientes disciplinarios, queixas etc.

Expedientes de beneficencia

Agrupación de series elaboradas a partires do desenvolmento de actuacións benéficas e de asistencia aos desfavorecidos, nun concepto que evolucionou coa nova situación política ao de asistencia social nos inicios dos anos oitenta do século XX. Recollen toda a documentación sobre axudas, reparto de alimentos, campañas de Nadal, medicamentos gratuítos e outros moitos posibles

Documentación do técnico local de emprego

Conxunto documental heteroxéneo producido na súa xestión por este posto de traballo, moitas veces ocasional, que se crea subvencionado en moitos concellos coa finalidade primaria do fomento de emprego, a dinamización económica de persoas e empresas, a xestión e colaboración da xestión particular e municipal de subvencións para actividades económicas e sociais etc.

Expedientes de educación

Agrupación de series relacionadas coa actividade educativa e o mantemento dos centros escolares. Deste xeito, contamos cos expedientes de escolarización referidos á admisión e matriculación de alumnos nos respectivos centros de ensinanza;, censos de alumnos, partes ou libros de asistencia escolar, padróns de analfabetos, libros rexistros de mestres, ....

Por outra parte inclúe a documentación referida ós centros escolares: expedientes de creación, de reforma, de aluguer de escola ou casa de mestre, de traslado, de supresión e de peche de escolas, entre outros procesos que poden sufrir os centros escolares, coa conseguinte presenza da súa serie específica.

Resultados 31 a 40 de 247