Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Correspondencia de persoal

Correspondencia xeral recibida ou emitida no Servizo de Persoal na súa relación cos traballadores, con outros servizos ou con outras administracións, organismos e institucións

Correspondencia de Quintas

Correspondencia derivada das actuacións e actividades relacionadas con esta temática.

Hoxe están consideradas como series pechadas xa que pola disposición adicional décimo terceira da Lei 17/1999, de 18 de maio, de Réxime de Persoal das Forzas Armadas, determínase que a partir de decembro de 2002 queda suspendida a prestación do servizo militar. Esta medida foi adiantada a 31 de decembro de 2001 mediante Real Decreto 247/2001 de 9 de marzo.

Declaracións IVE e IRPF

Documentos xustificativos dos pagamentos feitos polo concello en concepto do IVE, de conformidade co previsto pola lexislación do momento, ou do IRPF dos traballadores e cargos municipais, normalmente en modelos existentes ao efecto.

Decretos de ordenación de gastos

Rexistro que recolle os decretos da Alcaldía autorizando de acordo co previsto na lexislación pagamentos dentro das súas competencias. En moitos casos inscríbense un libro de rexistro cada un deles, identificando concepto, cantidade, xustificante e data de emisión.

Decretos. Resolucións

Documentos que recollen a decisión da Alcaldía ou determinación sobre calquera materia ou negocio dentro das súas moitas competencias.

Depósito de detidos

Documentación dos depósitos de detidos, tamén denominados como cárceres ou calabozos municipais.

Devolución de fianzas

Expediente para a devolución dunha fianza depositada no concello para responder do efectivo cumprimento das condicións dun contrato co mesmo, ou para poder participar nunha poxa ou concurso-poxa optando á adxudicación dunha obra e servizo en concorrencia con outras empresas.

Poden aparecer incluídas dentro do oportuno expediente de contratación ou de forma individualizada a solicitude da empresa ou persoa depositaria da mesma.

Documentación da MUNPAL

A Mutualidade Nacional de Previsión da Administración Local foi creada pola Lei 11/1960, de 12 de maio de 1960, e suprimiuse polo Real Decreto en 1993. Nese período xestiona os dereitos pasivos dos traballadores locais, as súas xubilacións e pensións e o outros dereitos adquiridos polos traballadores na súa vida laboral.

Resultados 31 a 40 de 247