Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Libro de actas do Pleno

O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas polo menos polo secretario e o Alcalde .

Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.

Ordenanzas e regulamentos

Expedientes que recollen un conxunto de actuacións que se seguen para a aprobación e entrada en vigor dunha ordenanza ou regulamento municipal.

Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo

Agrupación de series que recollen a documentación relacionada coa figura do alcalde en calidade de representante da administración central no seu territorio: sancións gobernativas, apercibimentos, achados de bens, permisos de armas, cédulas persoais, lotarías, comparecencias...

Destacan os relacionados cos gardas xurados ou vixiantes: expediente polo que o Alcalde como delegado gobernativo nomea a unha persoa encargada da custodia dos bens particulares mediante proposta do propietario dos mesmos.

Expedientes xudiciais da Alcaldía

Agrupación de series que recollen as distintas funcións xudiciais ou de fe pública que detentaban os alcaldes; moitas delas cesan a partir de 1870 co establecemento dos xulgados de paz e os rexistros civís. Inclúe xuízos de faltas, causas civís e criminais, xuízos de conciliación e matrimonios civís entre outros.

Decretos. Resolucións

Documentos que recollen a decisión da Alcaldía ou determinación sobre calquera materia ou negocio dentro das súas moitas competencias.

Libro de resolucións da Alcaldía

Rexistro onde se transcriben as resolucións do Presidente da Corporación ou dos membros da mesma que resolvan por delegación. É un documento simple, normalmente en libro encadernado ata finais do século XX, onde empezan a facerse informaticamente e logo son impresos. Ten sempre dilixencia de apertura e peche.

Bandos. Edictos

Norma ditada polo Alcalde na que se fan públicas ordes precisas para o bo goberno do municipio, destinadas a tódolos veciños do concello. Normalmente é unha folla de gran tamaño con moitos exemplares destinados á súa exposición pública, coa finalidade de dar publicidade as decisións da Alcaldía.

É polo tanto un documento simple, con encabezamento (Palabra BANDO), protocolo (nome e cargo que o emite, sempre o Alcalde ou substituto legal), texto que se tenta difundir, data e firma.

Resultados 21 a 30 de 247