Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Contribución territorial rústica

Recolle a documentación do pagamento de imposto por contribución territorial rústica, repartida entre os veciños en base a propiedade de terrenos e a cualidade e capacidade dos mesmos. Atopamos os libro de afanegados, os amillaramentos e a documentación xenerada para a elaboración dos mesmos e as súas modificacións sucesivas; dende mediados do século XX aparecen os padróns de rústica e os cadernos auxiliares para a súa elaboración e modificación anual.

Contribución territorial urbana

Recolle a documentación do pagamento de imposto por contribución territorial por bens de natureza urbana, tanto os repartimentos e padróns, como a documentación para o seu mantemento: altas, baixas e modificacións de datos.

Contribucións especiais

Agrupación de series con rexistros e expedientes polo que se determina a tributación polo beneficio ou aumento de valor dos bens de persoas físicas ou xurídicas, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento ou ampliación de servizos públicos. Aparecen en 1840, anque a primeira regulación do mesmo aparece en 1917

Contribucións usos e consumos

Agrupación de series con rexistros e expedientes polo que se grava o consumo de especies de viño, sidra, augardente, licores, aceites, xabón e carnes, concibido como un imposto municipal sobre os comestibles e outros xéneros que se introducen nunha poboación para vendelos ou consumilos nela.

Inclúe o Repartimento Xeral de Utilidades, establecido en 1840 autorizando a facer un reparto veciñal para cubrir gastos municipais en relación coas utilidades existentes en cada parroquia.

Control de horarios

Documentos para o efectivo control da cumprimento do horario dos funcionarios: fichaxes, sinaturas…

Convenios

Convenios asinados entre o concello e outros organismos e institucións para actuacións diversas

Convenios INEM. Cursos de formación

Serie específica que recolle o proceso específico de contratación de persoal laboral, mediante convenios subscritos co Instituto Nacional de Emprego, e en datas posteriores, co Servizo Galego de Emprego ou nos distintos plans para contratación convocados pola administración central e autonómica, destinados a determinados colectivos, grupos de idade ou persoal en paro.
Así mesmo inclúe os cursos de formación para persoal en paro, que recolle a documentación relacionada co desenvolvemento dos mesmos. Entre eles destacan as escolas obradoiro ou escolas taller, incluíndo a documentación económica, pedagóxica e o control dos alumnos.

Correspondencia

Conxunto de cartas ou documentos soltos que se reciben o expiden dende a administración municipal no decurso da súa actividade cotián e que non pasaron a formar parte de ningún expediente individualizado.

Resultados 21 a 30 de 247