Amosando 2771 resultados

Descrición arquivística
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

941 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Expedientes de feiras e mercados

O mercado municipal, en tanto que serie que exerce unha función complementaria da agrupación documental anterior, é considerada unha parcela importante de xestión do concello para garantir o abastecemento da poboación (lugar de compravenda de produtos), sendo tanto máis transcendente canto máis nos remontemos a épocas pasadas.

No seu desenvolvemento contamos con expedientes e rexistros referidos á praza de abastos, ó mercado de gando así como ó propiamente denominado mercado ou alfóndega municipal, así como as feiras ou a venda ambulante.

Expedientes de festas populares

Os expedientes de festexos tramítanse en relación á celebración de calquera tipo de festa, verbena, espectáculo ó aire libre ou similar no termo municipal, no cal o concello teña presenza dun ou doutro xeito, ben a través de concesión de licenza ou ben a través de apoio institucional, excluíndo salas de festas e espectáculos privados considerados actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que irían no seu correspondente apartado (3.01.)
A serie específica máis recorrente quizais sexan son os expedientes tramitados polos concellos para a concesión de licenza para a celebración de festexos ou autorización dos mesmos. Na maior parte dos casos son instruídos despois da solicitude do presidente das comisións para a celebración das festas patronais das parroquias, debendo ser ordenados cronoloxicamente por anos de concesión

Expedientes de financiamento. Créditos

Documentación relacionada coa tramitación de financiamento para executar obras ou servizos polos concellos ante entidades bancarias (Bancos e Caixas) ou ante o Banco de Crédito Local, creado en 1924, ou a Caixa de Anticipos, dependente da Deputación Provincial.
As Entidades Locais poderán concertar operacións de crédito con toda clase de entidades de crédito para o financiamento dos seus investimentos. Inclúense nesta serie a documentación derivada da tramitación da solicitude, do proceso de formalización e da súa devolución de acordo cos prazos previstos.

Expedientes de multas e denuncias

Recolle os expedientes de multas que abranguen calquera tipo de expediente ou documento de sanción imposta pola policía local en calquera ámbito ou servizo, cando aparecen de xeito específico e illado sen formar parte dun expediente máis amplo, e por extensión calquera multa imposta no concello agás as de competencia do alcalde que teñen o seu apartado específico.

O mesmo podemos dicir dos expedientes de denuncias, coa mesmas peculiaridades que o caso das multas.

Resultados 241 a 250 de 2771