Amosando 603 resultados

Descrición arquivística
Concello de Marín
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

240 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

ASUNTOS XERAIS

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-1-1
  • 2ª División de Sección
  • 1875-1957
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

A 2ª división de sección ASUNTOS XERAIS está composta polas series documentais a seguir:

4.1.1.1.- Expedientes xerais de Intervención

4.1.1.2.- Declaracións IVE e IRPF

Documentos xustificativos dos pagamentos feitos polo concello en concepto do IVE, de conformidade co previsto pola lexislación do momento, ou do IRPF dos traballadores e cargos municipais, normalmente en modelos existentes ao efecto.

4.1.1.3.- Xunta Municipal de Asociados

A Xunta Municipal de Asociados é un órgano de notables competencias e duración curta; os seus antecedentes remóntanse a 1856, nunha lei de breve duración efectiva, na que se establecen nos concellos una comisión de orzamentos municipais para a elaboración dos mesmo, presidida polo Alcalde e da que forma parte o secretario do concello. Este órgano está formado polos concelleiros e por un número duplo de veciños asociados electores. A súas sesións serian públicas.

Será a lei municipal de 1870 a que lle dea o respaldo definitivo establecendo a súa creación en todos os concello, formada por concelleiros e veciños asociados igual ao triplo do número de concelleiros (en 1877 pasará a ser igual ao de concelleiros); os veciños deberían ser contribuíntes, eran elixidos por sorteo e desempeñaban o cargo un ano económico. Encárganse da revisión e censura das contas

Desaparece co Estatuto Municipal de 1924, que iguala a organización existente nas Deputacións Provinciais á totalidade dos concellos; xorde entón a Comisión Municipal Permanente.

Documentalmente consérvanse os libros de actas das sesións celebradas ou os expedientes destas sesións, ou, nalgún caso as actas soltas das mesmas.

4.1.1.4.- Tribunal de Contas

Documentación presentada por imperativo legal ou a requirimento específico ante o Tribunal de Contas ou ante o Concello de Contas, no caso de Galicia, órgano que é o supremo órgano de fiscalización das contas e da xestión económica das entidades locais

4.1.1.5.- Informes e certificacións de Intervención

Certificacións e informes concretos emitidos polo Interventor municipal dentro da súa actividade e área competencial, na maior parte dos casos para formar parte doutras dilixencias ou expedientes, quedando a copia do mesmo.

4.1.1.6.- Decretos de ordenación de gastos

Rexistro que recolle os decretos da Alcaldía autorizando de conformidade co previsto na lexislación pagamentos dentro das súas competencias. En moitos casos inscríbense un libro de rexistro cada un deles, identificando concepto, cantidade, xustificante e data de emisión.

4.1.1.7.- Rexistro de entrada e saída de Intervención

Rexistro da correspondencia e documentos recibidos ou emitidos desde o Servizo de Intervención.

Atestados

Documentos oficiais en que se dá fe dun feito.

AUGA

Esta 2ª División de sección, AUGA, contén unha única serie documental:

3.3.3.1.- Documentación de auga
O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…).

Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licencias de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.).

Axudas de estudos

Aqueles expedientes instruídos coa finalidade de outorgar bolsas ou axudas de calquera natureza a estudantes para facilitar o desenvolvemento dos seus estudos ou a compra de libros de texto e material escolar.

Bandos. Edictos

Norma ditada polo Alcalde na que se fan públicas ordes precisas para o bo goberno do municipio, destinadas a tódolos veciños do concello. Normalmente é unha folla de gran tamaño con moitos exemplares destinados á súa exposición pública, coa finalidade de dar publicidade as decisións da Alcaldía.

É polo tanto un documento simple, con encabezamento (Palabra BANDO), protocolo (nome e cargo que o emite, sempre o Alcalde ou substituto legal), texto que se tenta difundir, data e firma.

BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-3-7
  • 1ª División de Sección
  • 1900-1966
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

As funcións asistenciais no ámbito local foron levadas a cabo durante o Antigo Réxime -como norma xeral posto que nalgún caso xa eran exercidas polos concellos- por diversas institucións relixiosas. Non obstante, tralo período desamortizador, estas competencias foron transvasadas ós concellos, os cales as viñeron exercendo a través de Xuntas ou Consellos con diversas denominacións.

3.7.1.- Xunta Local de Beneficencia:
Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Beneficencia e as actas e expedientes de sesións da mesma.

3.7.2.- Expedientes de beneficencia
Agrupación de series elaboradas a partires do desenvolmento de actuacións benéficas e de asistencia aos desfavorecidos, nun concepto que evolucionou coa nova situación política ao de asistencia social nos inicios dos anos oitenta do século XX. Recollen toda a documentación sobre axudas, reparto de alimentos, campañas de Nadal, medicamentos gratuítos e outros moitos posibles.

3.7.3.- Padróns de beneficencia
Rexistro noutros momentos tamén denominado como padrón de pobres, como padrón ou relación de veciños elaborado para facilitar a asistencia médico - farmacéutica gratuíta ás familias pobres residentes no termo municipal. Xera tamén documentación relacionada cos súa actualización e uso.

3.7.4.- Expedientes de asistencia social
Os expedientes de asistencia social abranguen de novo un amplo listado de series específicas que se poden xerar no seu seo, seguindo
Os expedientes de prestación social como expedientes tramitados polos concellos para atender calquera tipo de demanda asistencial dos seus veciños -orfos, anciáns, menores, discapacitados, pobres, entre outras moitas-, por si ou ante outras administracións, entendendo o concepto de prestación social en sentido amplo.
Os expedientes de adxudicación e rehabilitación de vivendas, elaborados coa finalidade de adxudicar as vivendas de protección oficial e similares por parte dos concellos así como de tramitar axudas para rehabilitar vivendas en estado precario ou con propietarios con escasos recursos económicos, independentemente do organismo de que proveñan.
Expedientes de subvencións, nos cales habería que encadrar toda aquela documentación referente á tramitación de subvencións por parte das corporacións locais ante outras administracións co obxectivo de financiar os seus programas de asistencia social.

En moitas ocasións, os centros sociais como por exemplo centros da terceira idade, centros de día, residencias de anciáns, etc..., dependen organicamente dos concellos polo cal xeran unha documentación específica cun desenvolvemento especial en función das súas actividades que debe ser organizada e descrita segundo esas características peculiares.

O mesmo podemos dicir das fundacións, promovidas e patrocinadas polos concellos como un medio de involucrar a outros sectores e organismos sociais, públicos ou privados, para potenciar a atención e cobertura das demandas existentes nos municipios en materia de asistencia social.

3.7.5.- Documentación do técnico local de emprego
Conxunto documental heteroxéneo producido na súa xestión por este posto de traballo, moitas veces ocasional, que se crea subvencionado en moitos concellos coa finalidade primaria do fomento de emprego, a dinamización económica de persoas e empresas, a xestión e colaboración da xestión particular e municipal de subvencións para actividades económicas e sociais etc.

Bens inmobles de características especiais (BICES)

Son aqueles que constitúen un conxunto complexo de uso especializado, integrado por chan, edificios, instalacións e obras de urbanización e mellora que, polo seu carácter unitario e por estar ligado de forma definitiva para o seu funcionamento, se configura para efectos catastrais como un único ben inmoble

Cadros de persoal

Relación de postos de traballo que o concello reserva ao persoal funcionario, laboral ou eventual. Inclúe os expedientes da oferta pública de emprego, que se tramita para dar publicidade ás prazas que están vacantes, tanto laborais como funcionarios, no cadro de persoal do concello

CAIXA

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-3-1
  • 2ª División de Sección
  • 1882-1985
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

4.3.1.1.- Actas de arqueo
Tramitáronse sen interrupción dende o ano 1845, aínda que desde a Instrución de Contabilidade de 1990 teñen a consideración como de contabilidade auxiliar. O libro de actas de arqueo existe dende 1845 ata a actualidade. Entre 1852 e 1991 leváronse dous tipos de libros de arqueos un diario por Depositaria e outro ordinario e extraordinario por Intervención. A partir de 1991 é un libro de contabilidade auxiliar para arqueos mensuais e extraordinarios.

4.3.1.2.- Libro de caixa
Libro auxiliar destinado a consignar todas as entradas ou saídas de diñeiro xa sexa en metálico ou valores, procedentes de calquera presuposto das Corporacións Locais.

4.3.1.3.- Libro de inventarios e balances
Libro principal de contabilidade destinado a recoller anualmente o inventario, é dicir, o reconto sistematizado de tódolos bens, dereitos e cargas que constitúen o patrimonio, debidamente valorados. Incluirá o balance de situación do exercicio, o cadro de financiamento e os balances de comprobación.

4.3.1.4.- Libro de entrada e saída de caudais

4.3.1.5.- Libro de distribución de fondos

4.3.1.6.- Libro auxiliar de efectos,
Documento a cargo dos depositarios, dende a Instrución de 1952, aparece nos concello de maior tamaño e complexidade administrativa, é utilizado para a exención de certos dereitos e taxas ou arbitrios, abrindo as necesarias contas para cada un deles e consignando no campo “debe” ou ”cargo” as entradas e no campo “haber” ou “data” as saídas, a fin de coñecer en todo momentos as existencias. Desaparece en 1990.

4.3.1.7.- Certificacións e informes de Tesouraría
Certificacións e informes concretos emitidos polo Tesoureiro municipal dentro da súa actividade e área competencial, na maior parte dos casos para formar parte doutras dilixencias ou expedientes, quedando a copia do mesmo.

4.3.1.8.- Partes de caixa
Xustificantes de movementos nos fondos da caixa municipal.

Resultados 11 a 20 de 603