Mostrando 603 resultados

Descripción archivística
Concello de Marín
Opciones avanzadas de búsqueda
Imprimir vista previa Ver :

240 resultados con objetos digitales Muestra los resultados con objetos digitales

Control de horarios

Documentos para o efectivo control da cumprimento do horario dos funcionarios: fichaxes, sinaturas…

Asistencia sanitaria e farmacéutica

Receitas farmacéuticas e documentación relacionada coa asistencia sanitaria ao persoal municipal e as axudas derivadas dese concepto.

SELECCIÓN DE PERSOAL

Esta 2ª división de sección, SELECCIÓN DE PERSOAL, está conformada polas seguintes series documentais:

2.4.4.1.- Expedientes de oposicións e concursos
Expediente tramitado para a provisión de prazas de persoal mediante probas de selección nas súas modalidades de oposición, libre ou restrinxida, concurso-oposición ou simplemente concurso. Recollen habitualmente todo o proceso que vai dende a convocatoria, solicitudes, proceso de selección a proposta de nomeamento do persoal seleccionado.

2.4.4.2.- Solicitudes de emprego
Instancia dirixida ao Alcalde na que se lle solicita un posto de traballo nas moitas dependencias ou actividades desenvoltas polos concellos

CONTRATACIÓN

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-2-6
  • 1ª División de Sección
  • 1974-1979
  • Parte deCONCELLO DE MARÍN

A documentación que recolle esta 1ª división de sección contempla todo o relativo aos procesos de contratación, nas súas modalidades diferenciadas, de acordo coa lexislación vixente en cada momento.

2.6.1.- Expedientes de contratación
Expediente que se tramita para convir a forma de subministración de material, de execución de obras ou de prestación de servizos, que adoptan a fórmula da contratación directa, reservada a aquelas contratación que se poden acometer, dependendo da lexislación a aplicar en cada momento, sen procedementos especiais de publicidade ou libre concorrencia, habitualmente de menor contía e procedemento máis simplificado.

2.6.2.- Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa
Expedientes que recolle as fórmulas de contratación reguladas, habituais nos procesos de contratación de maior contido ou valor económico. Os expedientes teñen as bases dos proceso, a presentación de oferta, a valoración das mesmas e a adxudicación da obra ou servizo a contratar.

2.6.3.- Libro rexistro de plicas
Libro no que se rexistran os sobres pechados e selados que conteñen as ofertas para as poxas ou concursos dos contratos municipais

2.6.4.- Poxas de madeira
Conxunto diverso de documentos relacionados cos poxas dos produtos resultantes da explotación dos montes municipais no período en que a titularidade dos mesmos non era comunal, senón municipal.

2.6.5.- Devolución de fianzas
Expediente para a devolución dunha fianza depositada no concello para responder do efectivo cumprimento das condicións dun contrato co mesmo, ou para poder participar nunha poxa ou concurso-poxa optando á adxudicación dunha obra e servizo en concorrencia con outras empresas.

Poden aparecer incluídas dentro do oportuno expediente de contratación ou de forma individualizada a solicitude da empresa ou persoa depositaria da mesma.

Poxas de madeira

Conxunto diverso de documentos relacionados cos poxas dos produtos resultantes da explotación dos montes municipais no período en que a titularidade dos mesmos non era comunal, senón municipal.

PLANIFICACIÓN

Nesta 1ª División de sección atópanse os documentos relativos á organización do espazo urbano dos municipios, incluídos nunha agrupación de series única que recolle as distintas modalidade de planificación global ou parcial do territorio

3.1.1.1.- Expedientes de planificación
Os expedientes de planificación urbanística están comprendidos por aqueles plans ou programas redactados nos concellos para regular e ordenar urbanísticamente o seu termo municipal, á marxe dos proxectos e licenzas de obras públicas e privadas nas que posteriormente se concrete o seu desenvolvemento.

As súas orixes habería que situalas xa no século XIX aínda que o seu desenvolvemento e repercusión práctica está especialmente presente dende a promulgación da Lei do Solo de 1956.

Non obstante, a complexidade da ordenación urbanística motiva a existencia de figuras e programas de ordenación urbanística diversos que podemos englobar principalmente baixo os seguintes títulos:

Plans xerais de ordenación urbana, como expediente tramitado para definir os elementos fundamentais da estrutura xeral adoptada para a ordenación urbanística do territorio e para establecer o programa para o seu desenvolvemento e execución, así como o prazo mínimo da súa vixencia sendo, polo tanto, un instrumento de ordenación integral.

Plan parciais de ordenación urbana, como instrumentos para desenvolver, no solo clasificado como urbanizable programado, o plan xeral e no seu caso as normas complementarias e subsidiarias da planificación, mediante a ordenación detallada dunha parte do seu ámbito territorial, e no solo clasificado como urbanizable no programado para desenvolver os programas de actuación urbanística.

Plans especiais urbanísticos (de reforma interior), como expedientes tramitados para desenvolver no chan urbano unha actuación illada encamiñada á creación de dotacións urbanísticas e equipamento comunitario, saneamento de barrios insalubres, resolución de problemas de circulación ou estética e mellora do medio ambiente, servizos públicos,... aténdose ós principios do plan xeral.

Expedientes de constitución de xuntas de compensación urbanísticas, como o expediente que ten por obxecto a xestión e execución da urbanización dun polígono ou unidade de actuación polos mesmos propietarios do solo comprendido no seu perímetro, con reparto de beneficios e cargas;

Expedientes de estudos de detalle urbanísticos, como instrumento urbanístico que ten por finalidade arbitrar un procedemento flexible, de tramitación rápida, que permita completar ou adaptar a realidade urbanística os plans xerais, de tratarse de solo urbano, e os plans parciais, nos demais casos, reaxustándoos e detallándoos nas súas deficiencias e imprevisións, en relación exclusiva coas aliñacións, rasantes e ordenacións de volumes.

Normas subsidiarias e complementarias como expedientes de planificación que establecerán as disposicións que deberán ser aplicadas nos municipios que carezan de plan xeral de ordenación municipal sendo tamén de aplicación, con carácter complementario, para suplir as indeterminacións e lagoas da planificación municipal vixente, sen modificar a cualificación do solo nin alterar as determinacións da planificación que complementan.

Plans metropolitanos e plans provinciais de ordenación urbana redactados os primeiros nas principais cidades españolas e os segundos polas deputacións provinciais.

Programas de actuación urbanística son os programas desenvoltos polos concellos para intervir mediante o desenvolvemento das figuras de planificación pertinentes nalgunha área ou sector que, dadas as súas peculiaridades, así o requira.

Expedientes de delimitación do solo urbano que teñen por obxecto a determinación de límites dun polígono ou unidade de actuación do solo urbano.

Expedientes de reparcelacións urbanísticas que teñen como obxecto a división simultánea ou sucesiva de terreos en dous ou máis lotes cando poida dar lugar á constitución dun núcleo de poboación.

Expedientes de convenios urbanísticos tramitados para realizar un contrato do concello con propietarios privados ou públicos para o desenvolvemento de planificación nas súas parcelas en virtude do cal se xeran dereitos e obrigas por ambas partes.

Resultados 421 a 430 de 603