Previsualización da impresión Pechar

Amosando 603 resultados

Descrición arquivística
Concello de Marín
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

240 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Censos electorais

Documento necesario para o desenvolvemento dos procesos electorais que se sustenta completamente nos padróns municipais. É un rexistro que está formado polas inscricións de aquelas persoas que reúnen os requisitos legalmente establecidos para exercer o dereito ao voto. Para actualizalo, os concellos envían mensualmente ás Delegacións provinciais de las Oficinas del censo electoral, una relación con las altas de los residentes maiores de idade, as baixas, os cambios de domicilio e calquera outra modificación de datos que sexa relevante para a formación de este censo.

Censos de requisición militar

Son censos ou listados de control militar, elaborados polos concellos en determinadas épocas, sobre todo no período franquista, para a contabilización dos bens materiais e subministros (transportes de tracción motor ou animal, edificios, armas,...) propiedade de tódolos particulares veciños dos mesmos, e que deberán ser postos a disposición do exército do Estado no caso de que as circunstancias de defensa así o requiran.

O obxectivo destes censos é ter un medio de planificación da política militar, coñecendo anualmente os medios loxísticos e de intendencia dos que dispón o exército en caso de conflito, e así suplir a carencia dos seus propios.

Catástrofes. Protección Civil

Documentación do servizo de protección civil, que ten coma orixe o establecemento das Xefaturas Locais de Defensa Pasiva nas poboacións de máis de 20.000 habitantes que non foran capitais de provincia en 1941, sendo substituídas polas Xefaturas Locais de Protección Civil en 1960, abarcando toda as localidades con esa poboación. Así mesmo, coa democracia e o Estado das autonomías, este servizo tentou ser relanzado en tódalas localidades, cando menos dotándoo dunha funcionalidade mínima en tódolos concellos.

Por outra banda, toda aquela documentación referida a catástrofes naturais sufridas polos veciños e bens materiais existentes no concello (inmobles, cultivos, vías de comunicación,...) tales como inundacións, incendios forestais, sarabia, nevaradas e outras similares van incluídas dentro desta serie xenérica baixo o epígrafe de catástrofes.

Outro servizo relacionado coa protección e seguridade da poboación é o constituído polas actividades desenvoltas polos bombeiros, concibindo neste termo tanto os bombeiros propiamente ditos como, por extensión, as cuadrillas de extinción de incendios forestais. Como norma xeral, a súa documentación debe ser encadrada dentro desta serie independentemente do seu contido manténdose unida toda a documentación referida a unha campaña de extinción de incendios forestais (tramitación da subvención, contratación de persoal, adquisición de materiais, etc...).

CAIXA

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-4-3-1
  • 2ª División de Sección
  • 1882-1985
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

4.3.1.1.- Actas de arqueo
Tramitáronse sen interrupción dende o ano 1845, aínda que desde a Instrución de Contabilidade de 1990 teñen a consideración como de contabilidade auxiliar. O libro de actas de arqueo existe dende 1845 ata a actualidade. Entre 1852 e 1991 leváronse dous tipos de libros de arqueos un diario por Depositaria e outro ordinario e extraordinario por Intervención. A partir de 1991 é un libro de contabilidade auxiliar para arqueos mensuais e extraordinarios.

4.3.1.2.- Libro de caixa
Libro auxiliar destinado a consignar todas as entradas ou saídas de diñeiro xa sexa en metálico ou valores, procedentes de calquera presuposto das Corporacións Locais.

4.3.1.3.- Libro de inventarios e balances
Libro principal de contabilidade destinado a recoller anualmente o inventario, é dicir, o reconto sistematizado de tódolos bens, dereitos e cargas que constitúen o patrimonio, debidamente valorados. Incluirá o balance de situación do exercicio, o cadro de financiamento e os balances de comprobación.

4.3.1.4.- Libro de entrada e saída de caudais

4.3.1.5.- Libro de distribución de fondos

4.3.1.6.- Libro auxiliar de efectos,
Documento a cargo dos depositarios, dende a Instrución de 1952, aparece nos concello de maior tamaño e complexidade administrativa, é utilizado para a exención de certos dereitos e taxas ou arbitrios, abrindo as necesarias contas para cada un deles e consignando no campo “debe” ou ”cargo” as entradas e no campo “haber” ou “data” as saídas, a fin de coñecer en todo momentos as existencias. Desaparece en 1990.

4.3.1.7.- Certificacións e informes de Tesouraría
Certificacións e informes concretos emitidos polo Tesoureiro municipal dentro da súa actividade e área competencial, na maior parte dos casos para formar parte doutras dilixencias ou expedientes, quedando a copia do mesmo.

4.3.1.8.- Partes de caixa
Xustificantes de movementos nos fondos da caixa municipal.

Cadros de persoal

Relación de postos de traballo que o concello reserva ao persoal funcionario, laboral ou eventual. Inclúe os expedientes da oferta pública de emprego, que se tramita para dar publicidade ás prazas que están vacantes, tanto laborais como funcionarios, no cadro de persoal do concello

Bens inmobles de características especiais (BICES)

Son aqueles que constitúen un conxunto complexo de uso especializado, integrado por chan, edificios, instalacións e obras de urbanización e mellora que, polo seu carácter unitario e por estar ligado de forma definitiva para o seu funcionamento, se configura para efectos catastrais como un único ben inmoble

BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-3-7
  • 1ª División de Sección
  • 1900-1966
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

As funcións asistenciais no ámbito local foron levadas a cabo durante o Antigo Réxime -como norma xeral posto que nalgún caso xa eran exercidas polos concellos- por diversas institucións relixiosas. Non obstante, tralo período desamortizador, estas competencias foron transvasadas ós concellos, os cales as viñeron exercendo a través de Xuntas ou Consellos con diversas denominacións.

3.7.1.- Xunta Local de Beneficencia:
Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Beneficencia e as actas e expedientes de sesións da mesma.

3.7.2.- Expedientes de beneficencia
Agrupación de series elaboradas a partires do desenvolmento de actuacións benéficas e de asistencia aos desfavorecidos, nun concepto que evolucionou coa nova situación política ao de asistencia social nos inicios dos anos oitenta do século XX. Recollen toda a documentación sobre axudas, reparto de alimentos, campañas de Nadal, medicamentos gratuítos e outros moitos posibles.

3.7.3.- Padróns de beneficencia
Rexistro noutros momentos tamén denominado como padrón de pobres, como padrón ou relación de veciños elaborado para facilitar a asistencia médico - farmacéutica gratuíta ás familias pobres residentes no termo municipal. Xera tamén documentación relacionada cos súa actualización e uso.

3.7.4.- Expedientes de asistencia social
Os expedientes de asistencia social abranguen de novo un amplo listado de series específicas que se poden xerar no seu seo, seguindo
Os expedientes de prestación social como expedientes tramitados polos concellos para atender calquera tipo de demanda asistencial dos seus veciños -orfos, anciáns, menores, discapacitados, pobres, entre outras moitas-, por si ou ante outras administracións, entendendo o concepto de prestación social en sentido amplo.
Os expedientes de adxudicación e rehabilitación de vivendas, elaborados coa finalidade de adxudicar as vivendas de protección oficial e similares por parte dos concellos así como de tramitar axudas para rehabilitar vivendas en estado precario ou con propietarios con escasos recursos económicos, independentemente do organismo de que proveñan.
Expedientes de subvencións, nos cales habería que encadrar toda aquela documentación referente á tramitación de subvencións por parte das corporacións locais ante outras administracións co obxectivo de financiar os seus programas de asistencia social.

En moitas ocasións, os centros sociais como por exemplo centros da terceira idade, centros de día, residencias de anciáns, etc..., dependen organicamente dos concellos polo cal xeran unha documentación específica cun desenvolvemento especial en función das súas actividades que debe ser organizada e descrita segundo esas características peculiares.

O mesmo podemos dicir das fundacións, promovidas e patrocinadas polos concellos como un medio de involucrar a outros sectores e organismos sociais, públicos ou privados, para potenciar a atención e cobertura das demandas existentes nos municipios en materia de asistencia social.

3.7.5.- Documentación do técnico local de emprego
Conxunto documental heteroxéneo producido na súa xestión por este posto de traballo, moitas veces ocasional, que se crea subvencionado en moitos concellos coa finalidade primaria do fomento de emprego, a dinamización económica de persoas e empresas, a xestión e colaboración da xestión particular e municipal de subvencións para actividades económicas e sociais etc.

Bandos. Edictos

Norma ditada polo Alcalde na que se fan públicas ordes precisas para o bo goberno do municipio, destinadas a tódolos veciños do concello. Normalmente é unha folla de gran tamaño con moitos exemplares destinados á súa exposición pública, coa finalidade de dar publicidade as decisións da Alcaldía.

É polo tanto un documento simple, con encabezamento (Palabra BANDO), protocolo (nome e cargo que o emite, sempre o Alcalde ou substituto legal), texto que se tenta difundir, data e firma.

Axudas de estudos

Aqueles expedientes instruídos coa finalidade de outorgar bolsas ou axudas de calquera natureza a estudantes para facilitar o desenvolvemento dos seus estudos ou a compra de libros de texto e material escolar.

AUGA

Esta 2ª División de sección, AUGA, contén unha única serie documental:

3.3.3.1.- Documentación de auga
O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…).

Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licencias de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.).

Resultados 581 a 590 de 603