Amosando 2 resultados

Descrición arquivística
Concello de Marín 2ª División de Sección
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-2-4-1
  • 2ª División de Sección
  • 1956-00-00 - 1956-00-00
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

No Antigo Réxime as formas de provisión dos postos de traballo na función pública variaron ao longo dos séculos desde a venda ao sorteo, o arrendamento, as herdanzas, as eleccións, designacións, concursos, até finais do século XIX no que se racionalizan en forma de oposicións, concursos, concurso-oposición e libres designacións.

2.4.1.1.- Correspondencia de persoal

Correspondencia xeral recibida ou emitida no Servizo de Persoal na súa relación cos traballadores, con outros servizos ou con outras administracións, organismos e institucións

2.4.1.2.- Cadros de persoal

Relación de postos de traballo que o concello reserva ao persoal funcionario, laboral ou eventual. Inclúe os expedientes da oferta pública de emprego, que se tramita para dar publicidade ás prazas que están vacantes, tanto laborais como funcionarios, no cadro de persoal do concello.

2.4.1.3.- Expedientes de persoal municipal

Reflicte as incidencias da vida laboral do funcionario durante o tempo de prestación dos seus servizos ao concello. En teoría debería ou podería conter os datos relativos a súa situación persoal e familiar, formación e experiencia profesional, premios, felicitacións e sancións; adscrición a determinado posto de traballo, excedencias, xubilacións e antigüidade; permisos, licenzas retribuídas, sentenzas, réxime asistencial, cotizacións á seguridade social, á MUNPAL e calquera incidencia ocorrida no decurso do desenvolvemento da súa relación laboral coa administración.

2.4.1.4.- Expedientes de persoal sanitario

Documentación relacionada co persoal sanitario (médicos, veterinarios, farmacéuticos, matronas...) que presta os seus servizos no termo municipal. Normalmente son comunicacións da administración central ou autonómica relacionadas cos seus nomeamentos, cesamentos ou asuntos relevantes, así como as aquela que deriva da súa vida laboral: vacantes, vacacións, permisos…etc

2.4.1.5.- Expedientes de persoal contratado

Testemuños da relación laboral dos distintos traballadores que non detenten a condición de funcionarios e está suxeitos a lexislación laboral. Estes se plasman en contratos de diversas modalidades e con diversas temporalidade, así como nas múltiples incidencias derivadas desta relación laboral.

2.4.1.6.- Convenios INEM. Cursos de formación

Serie que recolle o proceso específico de contratación de persoal laboral mediante convenios subscritos co Instituto Nacional de Emprego e, en datas posteriores, co Servizo Galego de Emprego ou nos distintos plans para contratación convocados pola administración central e autonómica, destinados a determinados colectivos, grupos de idade ou persoal en paro.
Así mesmo inclúe os cursos de formación para persoal en paro, que recolle a documentación relacionada co desenvolvemento dos mesmos. Entre eles destacan as escolas obradoiro ou escolas taller, incluíndo a documentación económica, pedagóxica e o control dos alumnos.

2.4.1.7.- Nóminas. Retribucións

Documentos relacionados coas retribucións diversas recibidas polos traballadores, especialmente as nóminas, complementos diversos, pagas extras, gratificacións, horas extraordinarias e outros.

2.4.1.8.- Expedientes de axuda familiar

Documentación relacionada co concepto retributivo do persoal municipal de axuda familiar de conformidade coa situación de cada un. Tramitada co obxecto de facilitar as condicións familiares dos traballadores locais.

2.4.1.9.- Libro de matrícula de persoal

A lexislación obriga aos empregadores de traballadores a levar en orde e ao día un Libro de Matrícula no que serán inscritos todos os seus traballadores no momento en que inicien a prestación de servizos. Cando exista máis dun centro de traballo levaranse tantos Libros de Matrícula como centros haxa. As inscricións dos traballadores no Libro de Matrícula deberán efectuarse na forma e cos requisitos que se determinan nas instrucións que se insiran no modelo oficial de dito Libro. En todo caso, deberá constar o número da Seguridade Social, deberán asinalo no momento que inicien a prestación de servizos e cando se produza un cambio na súa categoría profesional. As baixas de traballadores anotaranse no lugar que corresponda cronoloxicamente, ademais de indicarse a data da baixa na inscrición inicial de alta o do cambio de categoría profesional. Os libros de matrícula usan modelo oficial e se habilitarán nas Inspeccións Provinciais de Traballo e Seguridade Social.

Concello de Marín

CLASES PASIVAS/S.S./MUTUALIDADES

  • ES ES.GA.36026.AM.MAR. 1-2-4-3
  • 2ª División de Sección
  • 1925-1944
  • Parte de CONCELLO DE MARÍN

Os expedientes desta división de sección derivan co carácter mutualista dos concellos respecto do seu persoal, para o cal teñen previsto un réxime de asistencia e cobertura socio-sanitaria, ben propio ou ben en colaboración con outras administracións. Neste ámbito ademais da axuda familiar e da concesión de bolsa, podemos atopar documentación relacionada coa Mutualidade nacional de previsión da Administración Local, coa Seguridade Social.

2.4.3.1.- Documentación da MUNPAL
A Mutualidade Nacional de Previsión da Administración Local foi creada pola Lei 11/1960, de 12 de maio de 1960, e suprimiuse polo Real Decreto en 1993. Nese período xestiona os dereitos pasivos dos traballadores locais, as súas xubilacións e pensións e o outros dereitos adquiridos polos traballadores na súa vida laboral.

2.4.3.2.- Documentación da Seguridade Social
O sistema de Seguridade Social configúrase a partir da Lei de Bases de 1963. Ten antecedentes dende 1900 coa Lei Dato, no ano 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión. Afecta ao persoal laboral e dende a supresión da MUNPAL e diversa medida a totalidade do persoal municipal, pasando a xestionar a asistencia sanitaria e as xubilacións e pensións.

2.4.3.3.- Asistencia sanitaria e farmacéutica
Receitas farmacéuticas e documentación relacionada coa asistencia sanitaria ao persoal municipal e as axudas derivadas dese concepto.

2.4.3.4.- Expedientes persoais de pasivos
Expedientes coa documentación relacionada con cada un dos traballadores que pasaron a condición de pasivos, logo do remate da súa vida laboral.

2.4.3.5.- Expedientes de pensións
Expedientes relacionados coa tramitación das pensións de xubilación do persoal municipal e dos seus familiares beneficarios, no caso das pensións de viudedade, orfandade etc.

2.4.3.6.- Nóminas de pasivos
Documentos relacionados cos pagamentos a persoal pasivo dos concellos, que serven de testemuña de abono de pensións e gratificacións recibidas

Concello de Marín