Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series Galego
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Expediente de división territorial

Agrupación de series que recolle aquela posible documentación que se tramita nos expedientes de modificacións e sinalamento das demarcacións dos límites do termo municipal, así como as alteracións ou cambios de configuración administrativa e institucional do seu territorio. Entre elas segregar parte dun ou varios concellos a fin para constituír outro independente, para creación de novos concellos ou para calquera modificación no ámbito territorial do concello; tamén poden recoller procesos de fusións ou a incorporación de parte do territorio dun municipio a outro. Poden existir ademais expedientes de cambio de capitalidade, de denominación do concello, modificacións parroquiais ou expediente de deslinde do termo municipal, que se instrúen para a demarcación, o deslinde e sinalización da liña do termo municipal.

Convenios

Convenios asinados entre o concello e outros organismos e institucións para actuacións diversas

Libro de actas da Xunta do Partido Xudicial

Un partido xudicial é unha unidade territorial para a administración de xustiza, integrada por un ou varios municipios limítrofes e pertencentes a unha mesma provincia. O
libro de actas recolle as sesións do órgano de goberno colexiado establecido para o seu funcionamento, a Xunta do Partido Xudicial ou as Xuntas Comarcais.

Decretos. Resolucións

Documentos que recollen a decisión da Alcaldía ou determinación sobre calquera materia ou negocio dentro das súas moitas competencias.

Libro de actas da Comisión de Goberno

Órgano creado en 1985 e que desaparece coa entrada en vigor da lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno Local, substitúelle a Xunta de Goberno Local.

A Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno.

O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas.

Expedientes de sesións da Xunta de Goberno Local

Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Xunta Local de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificación.

Memorias. Informes

Estudos e informes realizados pola Secretaría con diversos fins e con valor informativo e xurídico respectivamente.

Resultados 1 a 10 de 247