Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Expedientes de feiras e mercados

O mercado municipal, en tanto que serie que exerce unha función complementaria da agrupación documental anterior, é considerada unha parcela importante de xestión do concello para garantir o abastecemento da poboación (lugar de compravenda de produtos), sendo tanto máis transcendente canto máis nos remontemos a épocas pasadas.

No seu desenvolvemento contamos con expedientes e rexistros referidos á praza de abastos, ó mercado de gando así como ó propiamente denominado mercado ou alfóndega municipal, así como as feiras ou a venda ambulante.

Expedientes de expropiacións

Expediente de privación a unha persoa da titularidade dun ben ou dun dereito, dándolle a cambio unha indemnización. Efectúase por motivos de utilidade pública o interese social previstos nas leis. Moitas veces a documentación custodiada forma parte dun expediente iniciado por outra administración para unha obra que afecta a máis concellos.
Inclúe documentos sobre a obra a realizar e sobre a xustificación da expropiación e sobre a identificación dos bens afectados e os seus propietarios.

Expedientes de Entidades Locais Menores

Contén documentos das entidades locais menores son anexos, parroquias, lugares, aldeas, caseríos e poboados, que dentro dun municipio e constituíndo núcleo separado de edificación, forma un conxunto de persoas e bens, con dereitos ou intereses peculiares e colectivos, diferenciados dos xerais do concello.

Expedientes de emigración

As funcións encomendadas ós concellos en relación ó control e regulación dos movementos migratorios no seu territorio, tanto cara ó interior como cara ó exterior, son escasas posto que a maior parte das prerrogativas no tema son exercidas polo goberno central. Non obstante, en determinados períodos históricos, os concellos foron unha primeira instancia de control dos fluxos migratorios, xerando no exercicio de tal actividade determinados expedientes e rexistros que deben ser encadrados dentro desta serie xenérica.

Expedientes de eleccións

Expediente correspondente ao diferentes procesos electorais: para as Cortes Xerais, Comunidade Autónoma, corporacións municipais, Parlamento Europeo, Referéndum …, de acordo coas convocatorias que se fagan pola autoridade competente.

A documentación que se pode atopar xorde da relación coa Xunta Electoral e está relacionada ca constitución das xuntas locais, a fixación das seccións e mesas, a confección de listas, a designación dos membros das mesas electorais, as exposicións dos censos, a colocación da infraestrutura electoral necesaria, os testemuños do proceso electoral e dos resultados e a proclamación dos electos, no seu caso.

Expedientes de educación

Agrupación de series relacionadas coa actividade educativa e o mantemento dos centros escolares. Deste xeito, contamos cos expedientes de escolarización referidos á admisión e matriculación de alumnos nos respectivos centros de ensinanza;, censos de alumnos, partes ou libros de asistencia escolar, padróns de analfabetos, libros rexistros de mestres, ....

Por outra parte inclúe a documentación referida ós centros escolares: expedientes de creación, de reforma, de aluguer de escola ou casa de mestre, de traslado, de supresión e de peche de escolas, entre outros procesos que poden sufrir os centros escolares, coa conseguinte presenza da súa serie específica.

Expedientes de doazóns

Expediente mediante o que o concello incrementa o seu patrimonio a través dunha doazón libre ou suxeita a condición.

Expedientes de deslindes

Expediente no que se sinalan e distinguen os termos dun lugar, parroquia, concello ou propiedade. Teñen especial interese porque delimitan o territorio das parroquias e dos concellos, fonte de moitos litixios, aportando os documentos oficiais e a planimetría dos mesmos en moitos casos, sendo de utilidade para outros concellos, administracións e particulares. A maior parte da información procede do Instituto Xeográfico Nacional e dos organismos oficiais implicados na ordenación do territorio.

Expedientes de desafectacións

Expediente de declaración formal ou tacitamente que un ben de dominio público queda desvinculado de uso o servizo para o que fora cedido no seu día. Son habituais no casa das antigas escolas, edificios das Cámaras Agrarias locais e outros coa finalidade de poder darlles novas finalidades.

Resultados 161 a 170 de 247