Showing 247 results

Archival description
Series
Print preview View:

Catástrofes. Protección Civil

Documentación do servizo de protección civil, que ten coma orixe o establecemento das Xefaturas Locais de Defensa Pasiva nas poboacións de máis de 20.000 habitantes que non foran capitais de provincia en 1941, sendo substituídas polas Xefaturas Locais de Protección Civil en 1960, abarcando toda as localidades con esa poboación. Así mesmo, coa democracia e o Estado das autonomías, este servizo tentou ser relanzado en tódalas localidades, cando menos dotándoo dunha funcionalidade mínima en tódolos concellos.

Por outra banda, toda aquela documentación referida a catástrofes naturais sufridas polos veciños e bens materiais existentes no concello (inmobles, cultivos, vías de comunicación,...) tales como inundacións, incendios forestais, sarabia, nevaradas e outras similares van incluídas dentro desta serie xenérica baixo o epígrafe de catástrofes.

Outro servizo relacionado coa protección e seguridade da poboación é o constituído polas actividades desenvoltas polos bombeiros, concibindo neste termo tanto os bombeiros propiamente ditos como, por extensión, as cuadrillas de extinción de incendios forestais. Como norma xeral, a súa documentación debe ser encadrada dentro desta serie independentemente do seu contido manténdose unida toda a documentación referida a unha campaña de extinción de incendios forestais (tramitación da subvención, contratación de persoal, adquisición de materiais, etc...).

Certificacións de boa conduta

Certificacións emitidas polo concello, con informes de alcaldes ou alcaldes de barrio ou da policía local, acreditando bos comportamentos.

Xunta Local de Beneficencia

Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Beneficencia e as actas e expedientes de sesións da mesma.

Xunta Municipal de Ensino

Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Ensino e as actas e expedientes de sesións da mesma.

Axudas de estudos

Aqueles expedientes instruídos coa finalidade de outorgar bolsas ou axudas de calquera natureza a estudantes para facilitar o desenvolvemento dos seus estudos ou a compra de libros de texto e material escolar.

Expedientes de actividades culturais

Agrupación de series que recolle a documentación derivada da función promotora e difusora dos concellos no estrito ámbito cultural, dotado dun carácter diverso por natureza, tradúcese na presenza de moitas series específicas que no cadro se reducen a dúas.

Inclúe calquera tipo de actividade de promoción emprendida ou apoiada dende o concello tales como exposicións, premios e un longo etcétera de exemplos encamiñados nese sentido.; tamén atopamos os expedientes de subvencións a actividades culturais que, como o seu propio nome indica, recolle toda aquela documentación xerada no transcurso daquelas actuacións dos concellos orientadas á concesión de axudas ou subvencións ó desenvolvemento de calquera tipo de actividade cultural por parte de persoas ou colectivos., así como aquelas subvencións solicitadas polas entidades locais a outras administracións para levar a cabo actividades desta natureza. E por último a documentación derivada do funcionamento dos con centros culturais, tales como casas da cultura, teatros, museos, bibliotecas, casas de xuventude, centros culturais específicos, liceos e demais polo estilo nos que prime a súa función cultural, xerando un conxunto documental con características propias.

Mutilados de guerra

Inclúen toda a documentación referente ós mutilados de guerra así como dos ex - combatentes, tanto declaracións da súa condición, documentación de beneficencia, etc..., xustificando a súa inclusión nesta serie ó entender que, por extensión, nesta 1ª División de sección se debe encadrar toda a documentación que teña que ver coa función dos concellos de aportar homes para o exército do Estado, sendo os mutilados de guerra e ex -combatentes un sector específico dentro dese ámbito, independentemente do xeito da súa recruta: quintas, voluntariado ou calquera outro medio

Libro rexistro de revistas

Poden aparecer tamén determinados rexistros relacionados coas quintas: rexistros de chamada, de reservas, de revisión, de revistas como libros revisados pola Caixa de Recrutas do Goberno Militar onde se asentan as altas e baixas e se pasa lista a tódolos reservistas existentes no termo municipal, segundo o explicado nos expedientes de revisión de quintos.

Xunta do Censo Electoral

Documentación do funcionamento das Xuntas electorais locais, especialmente os libros de actas das mesmas e os expedientes das sesións celebradas por este órgano.

Results 161 to 170 of 247