Showing 247 results

Archival description
Series
Print preview View:

Libro de actas de Comisións Informativas

Rexistro que recolle o traslado das sesións celebradas polas diferentes Comisións Informativas que funcionan en cada administración: Facenda, Urbanismo, Persoal...etc. Normalmente encadernado e coas follas numeradas, dispón de dilixencia de apertura e non é obrigatorio.

Expedientes de sesións de Comisións Informativas

Recollen os documentos de cada sesión. As Comisións Informativas están integradas exclusivamente por membros da Corporación e son órganos sen atribucións resolutorias que teñen por función o estudo, informe ou consulta dos asuntos que teñan que ser sometidos á decisión do Pleno ou da Comisión de Goberno, cando esta actúe con competencias delegadas polo Pleno, salvo que sexa preciso adoptar acordos declarados urxentes. Igualmente, informarán aqueles asuntos da competencia propia da Comisión de Goberno e do Alcalde, que lle sexan sometidos ao seu coñecemento por expresa decisión daqueles. Poden ser estas sesións permanentes ou especiais.

Correspondencia

Conxunto de cartas ou documentos soltos que se reciben o expiden dende a administración municipal no decurso da súa actividade cotián e que non pasaron a formar parte de ningún expediente individualizado.

Libro rexistro de entrada de documentos

Documento de rexistros no que se asenta todo escrito ou documentación oficial que se presente o reciba na entidade local, cos datos identificativos de procedencia, número de orde, data de entrada, resumo do documento e tramitación cursada. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado.

Rexistro de documentos

Serie creada nalgúns arquivos para recoller aqueles documentos orixinais enviados ou recibidos (copia dos propios documentos de saída e fotocopia dos de entrada), ordenados por número de orde.

Inventario de bens

Inventario de tódolos bens municipais, obrigatorio e renovable cada certo tempo, que recolle os datos da totalidade dos bens municipais, coa descrición dos mesmos, situación patrimonial, datos de interese e a súa valoración económica. Ten unha extraordinaria importancia en relación coa xustificación da propiedade municipal e a legalidade da mesma, podendo a partires desta documentación definir a evolución ao longo dos anos.

Expedientes de alleamentos e cesións

Expediente que se tramita para que o concello ceda ou reciba en cesión gratuitamente bens integrantes do seu patrimonio a entidades ou institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, sempre que os seus fins redunden en beneficio dos habitantes do territorio municipal.

Os expedientes de alleamento son aqueles polos que o concello transmite ou traspasa a propiedade dun ben patrimonial mediante poxa, permuta ou venta directa, destacando os terreos sobrantes de vía pública, logo da realización de obras de urbanización, modificación de vías ou pavimentación.

Results 131 to 140 of 247