Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Expedientes xudiciais da Alcaldía

Agrupación de series que recollen as distintas funcións xudiciais ou de fe pública que detentaban os alcaldes; moitas delas cesan a partir de 1870 co establecemento dos xulgados de paz e os rexistros civís. Inclúe xuízos de faltas, causas civís e criminais, xuízos de conciliación e matrimonios civís entre outros.

Expedientes sesións da Comisión Municipal Permanente

Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión Municipal Permanente. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións.

Expedientes persoais de pasivos

Expedientes coa documentación relacionada con cada un dos traballadores que pasaron a condición de pasivos, logo do remate da súa vida laboral.

Expedientes doutras obras

Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento de diversas obras no concello.

Expedientes do cemiterio

Agrupación de series xerada a partir da función dos concellos de velar e supervisar a correcta aplicación da normativa sanitaria promulgada ó respecto para o funcionamento de cemiterios parroquiais e municipais. Nembargante, as actividades desenvoltas polos concellos neste eido teñen unha especial incidencia nos cemiterios da súa titularidade, en canto que o conxunto de funcións desempeñadas neles van máis alá das sanitarias. Recolle polo tanto toda a documentación relacionada cos cemiterios municipais, agás as obras que teñen o seu apartado específico dentro das obras municipais. Podemos atopar documentos e expedientes diversos: expedientes de concesión de sepulturas, expedientes de cambio de titularidade de sepulturas estreitamente vencellados cos anteriores; expedientes de creación ou clausura de cemiterios; e expedientes de incineración de cadáveres, expedientes de inhumación de cadáveres, expedientes de redución de restos e expedientes de traslado de cadáveres como procesos realizados nos cemiterios que deben contar coa preceptiva supervisión municipal. Ou rexistros como é o libro rexistros de enterramentos ou sepulturas dende 1866 ou os libros rexistros de inhumacións, exhumacións ou incineracións dende 1974.

Expedientes do arquivo

Escasa documentación producida polo arquivo na súa xestión e na relación cos órganos produtores, cos usuarios e no desenvolvemento das súas actuacións e actividades. Inclúense os instrumentos de control (libros rexistro de préstamos, libros rexistro de consultas, libros rexistro de transferencias, follas de remisión..)

Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo

Agrupación de series que recollen a documentación relacionada coa figura do alcalde en calidade de representante da administración central no seu territorio: sancións gobernativas, apercibimentos, achados de bens, permisos de armas, cédulas persoais, lotarías, comparecencias...

Destacan os relacionados cos gardas xurados ou vixiantes: expediente polo que o Alcalde como delegado gobernativo nomea a unha persoa encargada da custodia dos bens particulares mediante proposta do propietario dos mesmos.

Expedientes disciplinarios

Expediente que se tramita para sancionar a falta cometida por un traballador coa finalidade de resolver e sancionar no seu caso as posibles deficiencias nas actuacións e feitos cometidos. Contén documentos referidos ao seu inicio, notificacións, testemuñas e probas, alegacións e resolución emitida polo órgano establecido.

Resultados 101 a 110 de 247