Mostrando 241 resultados

Descripción archivística
Concello de Marín Serie
Opciones avanzadas de búsqueda
Imprimir vista previa Ver :

Expediente xeral do presuposto de investimentos

É o conxunto de documentos que reflicten os gastos e ingresos que se van producir ao se poñer en marcha os programas de investimentos da Corporación Municipal (contas, libros de contabilidade, mandados)

Xunta Pericial

As Xuntas Periciais xorden unidas ao cambio impositivo establecido en 1845. Xa nese ano se establece que cada ano se nomeen un numero de persoas entre os contribuíntes de cada concello para facer o repartimento da contribución territorial, igual ao número de concelleiros. Encargábanse de revisar as declaracións xuradas de bens rústicos e urbáns dadas polos veciños. Entre as súas función estaba a de establecer a cota correspondente a pagar por cada un dos veciños.

Será una Real Orde de 1859 a que crea oficialmente as Xuntas Periciais, formada por peritos repartidores nomeados por catro anos a partir de agora. Está presidida polo Alcalde, sendo vicepresidente un concelleiro. Entre as súas funcións, co tempo estará a conservación e actualización dos amillaramentos e o mellor reparto da contribución territorial.

A lei de 1906 crea o Catastro, que será a enumeración descritiva, literal e gráfica dos presido rústicos, forestais, solares, edificios..coa expresión da súa superficie, lindeiros, cultivos, calidades, co que o traballos das Xuntas Periciais será potenciado, controlando as sucesivas modificacións do mesmo.

Este organismo pervive na actualidade relacionado co Centro de Xestión Catastral.

Contribución territorial rústica

Recolle a documentación do pagamento de imposto por contribución territorial rústica, repartida entre os veciños en base a propiedade de terrenos e a cualidade e capacidade dos mesmos. Atopamos os libro de afanegados, os amillaramentos e a documentación xenerada para a elaboración dos mesmos e as súas modificacións sucesivas; dende mediados do século XX aparecen os padróns de rústica e os cadernos auxiliares para a súa elaboración e modificación anual.

Contribución territorial urbana

Recolle a documentación do pagamento de imposto por contribución territorial por bens de natureza urbana, tanto os repartimentos e padróns, como a documentación para o seu mantemento: altas, baixas e modificacións de datos.

Contribucións especiais

Agrupación de series con rexistros e expedientes polo que se determina a tributación polo beneficio ou aumento de valor dos bens de persoas físicas ou xurídicas, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento ou ampliación de servizos públicos. Aparecen en 1840, anque a primeira regulación do mesmo aparece en 1917

Imposto sobre construcións, instalacións e obras

É un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obra ou urbanística.

Ordenanzas fiscais

Norma xurídica xeral, obrigatoria e permanente, de carácter subordinado á Lei e a outras normas de rango superior, ditadas polas Entidades Locais, pero no ámbito puramente fiscal. (1911)

Listas cobratorias

Relacións de contribuíntes ou as súas modificacións, que poder atoparse agrupadas nos padróns de exaccións municipais, ou individualizadas por conceptos: augas, lixos, entrada de garaxes, toldos, escaparates...

Resultados 231 a 240 de 241