Mostrando 241 resultados

Descripción archivística
Concello de Marín Serie
Opciones avanzadas de búsqueda
Imprimir vista previa Ver :

Plans de obras e servizos

Acolle esta única serie a documentación xenerada no desenvolvemento da ampla variedade de plans de cooperación das obras e servizos de competencia municipal elaborados e aprobados pola Deputación Provincial, a fin de garantir as infraestruturas e servizos en todo o territorio provincial; van dende os tradicionais plans de camiños e plans provinciais de obras e servizos, até os máis recentes como, por exemplo, os plans de axudas urxentes, de acción comunitaria, de instalacións deportivas, de urbanismo, etc.

Inclúense ademais, recentemente, os promovidos polas Comunidades Autónomas e os plans enmarcados nos programas da Comunidade Europea destinados a colaborar cos concellos no desenvolvemento de actuacións específicas de obras e servizos.

Normalmente recolle a información sobre a convocatoria do oportuno plan e a solicitude cursada pola institución municipal, así como a derivada da súa xestión e control: informes, certificación de obras, informes diversos, correspondencia, impresos, estatísticas etc.

Libro rexistro de licenzas de obras

Rexistro destinado a anotar as licenzas de obras concedidas polo órgano competente do concello , logo do oportuno expediente tramitado ao efecto. Recollen os datos básicos para a identificación de cada unha delas.

Licenzas de obras a Telefónica

Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a TELEFÓNICA, para tendidos de telefónicos, colocación de postes e outras obras necesarias.

Infraccións urbanísticas

Expediente que se tramita con motivo da infracción de obras cometida por un cidadán, ben por construción sen licenza ou ben por non axustarse as condicións previstas na súa concesión.

Informacións urbanísticas

Informes emitidos polos técnicos municipais a solicitude dos cidadáns sobre asuntos urbanísticos: condicións de edificabilidade, liña de construción, cualificacións urbanísticas.

Resultados 201 a 210 de 241