Amosando 241 resultados

Descrición arquivística
Concello de Marín Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Libro rexistro de plicas

Libro no que se rexistran os sobres pechados e selados que conteñen as ofertas para as poxas ou concursos dos contratos municipais

Libro rexistro de revistas

Poden aparecer tamén determinados rexistros relacionados coas quintas: rexistros de chamada, de reservas, de revisión, de revistas como libros revisados pola Caixa de Recrutas do Goberno Militar onde se asentan as altas e baixas e se pasa lista a tódolos reservistas existentes no termo municipal, segundo o explicado nos expedientes de revisión de quintos.

Libro rexistro de saída de documentos

Relación que garante a constancia da saída dos documentos que foron despachados definitivamente polo concello, con datos de destinatario, data, e resumo do documento. A partires de 1982 comeza a realizarse informaticamente, antes sempre en libro encadernado.

Licenzas de apertura de establecementos

Expediente para a concesión de licenza para a actividades comerciais e establecementos inocuos, cunha tramitación máis sinxela que os das actividades molestas.

Licenzas de obras a FENOSA

Serie destinada a individualizar os expedientes de concesión de licenzas de obras a FENOSA, para tendidos de alta, media e baixa tensión, colocación de postes, centros de transformación etc.

Resultados 191 a 200 de 241