Previsualización da impresión Pechar

Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Certificacións e informes de Tesouraría

Certificacións e informes concretos emitidos polo Tesoureiro municipal dentro da súa actividade e área competencial, na maior parte dos casos para formar parte doutras dilixencias ou expedientes, quedando a copia do mesmo.

Certificacións de boa conduta

Certificacións emitidas polo concello, con informes de alcaldes ou alcaldes de barrio ou da policía local, acreditando bos comportamentos.

Certificacións

Documentos que acreditan actos o situacións de carácter administrativo cuxo destinatario é unha persoa, órgano ou entidade e que pretende a produción de efectos nun procedemento administrativo ou no marco das relación xurídicas privadas. O termo certificación utilizase para as acreditacións emitidas polo secretario dun órgano colexiado sobre acordos adoptados por este.

Censos electorais

Documento necesario para o desenvolvemento dos procesos electorais que se sustenta completamente nos padróns municipais. É un rexistro que está formado polas inscricións de aquelas persoas que reúnen os requisitos legalmente establecidos para exercer o dereito ao voto. Para actualizalo, os concellos envían mensualmente ás Delegacións provinciais de las Oficinas del censo electoral, una relación con las altas de los residentes maiores de idade, as baixas, os cambios de domicilio e calquera outra modificación de datos que sexa relevante para a formación de este censo.

Censos de requisición militar

Son censos ou listados de control militar, elaborados polos concellos en determinadas épocas, sobre todo no período franquista, para a contabilización dos bens materiais e subministros (transportes de tracción motor ou animal, edificios, armas,...) propiedade de tódolos particulares veciños dos mesmos, e que deberán ser postos a disposición do exército do Estado no caso de que as circunstancias de defensa así o requiran.

O obxectivo destes censos é ter un medio de planificación da política militar, coñecendo anualmente os medios loxísticos e de intendencia dos que dispón o exército en caso de conflito, e así suplir a carencia dos seus propios.

Catástrofes. Protección Civil

Documentación do servizo de protección civil, que ten coma orixe o establecemento das Xefaturas Locais de Defensa Pasiva nas poboacións de máis de 20.000 habitantes que non foran capitais de provincia en 1941, sendo substituídas polas Xefaturas Locais de Protección Civil en 1960, abarcando toda as localidades con esa poboación. Así mesmo, coa democracia e o Estado das autonomías, este servizo tentou ser relanzado en tódalas localidades, cando menos dotándoo dunha funcionalidade mínima en tódolos concellos.

Por outra banda, toda aquela documentación referida a catástrofes naturais sufridas polos veciños e bens materiais existentes no concello (inmobles, cultivos, vías de comunicación,...) tales como inundacións, incendios forestais, sarabia, nevaradas e outras similares van incluídas dentro desta serie xenérica baixo o epígrafe de catástrofes.

Outro servizo relacionado coa protección e seguridade da poboación é o constituído polas actividades desenvoltas polos bombeiros, concibindo neste termo tanto os bombeiros propiamente ditos como, por extensión, as cuadrillas de extinción de incendios forestais. Como norma xeral, a súa documentación debe ser encadrada dentro desta serie independentemente do seu contido manténdose unida toda a documentación referida a unha campaña de extinción de incendios forestais (tramitación da subvención, contratación de persoal, adquisición de materiais, etc...).

Cadros de persoal

Relación de postos de traballo que o concello reserva ao persoal funcionario, laboral ou eventual. Inclúe os expedientes da oferta pública de emprego, que se tramita para dar publicidade ás prazas que están vacantes, tanto laborais como funcionarios, no cadro de persoal do concello

Bens inmobles de características especiais (BICES)

Son aqueles que constitúen un conxunto complexo de uso especializado, integrado por chan, edificios, instalacións e obras de urbanización e mellora que, polo seu carácter unitario e por estar ligado de forma definitiva para o seu funcionamento, se configura para efectos catastrais como un único ben inmoble

Bandos. Edictos

Norma ditada polo Alcalde na que se fan públicas ordes precisas para o bo goberno do municipio, destinadas a tódolos veciños do concello. Normalmente é unha folla de gran tamaño con moitos exemplares destinados á súa exposición pública, coa finalidade de dar publicidade as decisións da Alcaldía.

É polo tanto un documento simple, con encabezamento (Palabra BANDO), protocolo (nome e cargo que o emite, sempre o Alcalde ou substituto legal), texto que se tenta difundir, data e firma.

Resultados 231 a 240 de 247