Previsualización da impresión Pechar

Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Series
Advanced search options
Previsualización da impresión Ver:

Documentación do Pósito

O Pósito agrícola é unha institución local nacida no século XVI que tivo como finalidade, nun primeiro momento, actuar como graneiro, especialmente de trigo, co obxecto de abastecer de pan á poboación, especialmente nas épocas de carestía e de prestar gran ós labregos, tanto para a semente como para o consumo nos meses de maior escaseza.
Co tempo, constituíuse nunha institución de préstamo agrícola, mediante a cal os pequenos labregos podían suplir as carencias dunha mala colleita ou a compra de todo o necesario para a próxima así como comprar novas terras e sanear as súas rendas.

Documentación do matadoiro

O matadoiro é outro servizo municipal que ten como finalidade o abastecemento de carne ou derivados á poboación mediante o sacrificio controlado de animais. A súa actividade está intimamente relacionada coa 1ª División de sección de sanidade, se ben nesta agrupación tan só incluiriamos aquela documentación referida ó matadoiro como lugar físico ou servizo municipal, non a referente ás matanzas domiciliarias nin ó control veterinario das reses.

Documentación de auga

O abastecemento de auga ós veciños é unha función básica de todo concello dada a importancia deste elemento en tanto que produto de consumo de primeira necesidade. Polo tanto, esta agrupación documental está destinada a recoller aquela documentación referida a abonos ó servizo de abastecemento de auga cando se tramiten independentemente ( documentación da empresa que ten adxudicado o servizo de subministro de auga, contratos de los abonados, altas, baixas…).

Exclúense aquela documentación referente a obras de traídas de auga (3.1.3.), solicitudes de licencias de enganche á rede de abastecemento (3.1.4.) e padróns fiscais de cobro de taxas públicas por prestación do servizo incluíndo altas e baixas (4.2.2.), así como os partes de inspección de augas (3.6. e contratación do servizo (2.6.)

Documentación de Asociacións

Unha asociación é unha entidade formada por un conxunto de asociados ou socios para a persecución dun fin de forma estable, sen ánimo de lucro e cunha xestión democrática.

Documentación da Seguridade Social

O sistema de Seguridade Social configúrase a partir da Lei de Bases de 1963. Ten antecedentes dende 1900 coa Lei Dato, no ano 1908 creouse o Instituto Nacional de Previsión. Afecta ao persoal laboral e dende a supresión da MUNPAL e diversa medida a totalidade do persoal municipal, pasando a xestionar a asistencia sanitaria e as xubilacións e pensións.

Documentación da OMIC

A Oficina Municipal de Información ó Consumidor é un departamento municipal de recente creación existente nalgúns concellos -posiblemente pola Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios de 1984-, encamiñado a orientar e aconsellar ós habitantes en materia de consumo para defender os seus dereitos e intereses tanto económicos como sanitarios na materia, incluso por vía legal se fora preciso.

Documentación da MUNPAL

A Mutualidade Nacional de Previsión da Administración Local foi creada pola Lei 11/1960, de 12 de maio de 1960, e suprimiuse polo Real Decreto en 1993. Nese período xestiona os dereitos pasivos dos traballadores locais, as súas xubilacións e pensións e o outros dereitos adquiridos polos traballadores na súa vida laboral.

Devolución de fianzas

Expediente para a devolución dunha fianza depositada no concello para responder do efectivo cumprimento das condicións dun contrato co mesmo, ou para poder participar nunha poxa ou concurso-poxa optando á adxudicación dunha obra e servizo en concorrencia con outras empresas.

Poden aparecer incluídas dentro do oportuno expediente de contratación ou de forma individualizada a solicitude da empresa ou persoa depositaria da mesma.

Depósito de detidos

Documentación dos depósitos de detidos, tamén denominados como cárceres ou calabozos municipais.

Resultados 201 a 210 de 247